Francis Drake: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 43:
 
=== En Galicia e Portugal ===
Na viaxe a [[Portugal]] para liberala da ocupación, Drake desembarcou e saqueou [[A Coruña]]{{cando}} e sábese que despois o corsario inglés desembarcou nas [[Illas Cíes]].{{cómpre referencia}} Fracasa en iniciar a revolta dos portugueses contra Filipe II. Ao non conseguir ocupar [[Lisboa]], Drake embárcase nunha longa e desastrosa campaña contra a América Española, na que sofre varias derrotas consecutivas. Cando cumpre co encargo de atacar [[Porto Rico]], os artilleiros españois do castelo de ''El Morro'' alcanzan a ponte do seu barco, aínda que Drake sobrevive. Pouco despois, atacou de novo [[San Xoán, Porto Rico|San Xoán]], e volveu saír derrotado. Ante as grandes perdas económicas e humanas da súa campaña contra os portos fortificados españois, probou sorte coas poboacións desprotexidas. Finalmente morreu de [[disentería]].
 
Existen historiadores que sosteñen que en realidade Drake foi envelenado por algún dos seus homes.{{cómpre referencia}} A súa tripulación saqueou e queimou a indefensa cidade de [[Portobelo]] na súa honra. Tras a súa [[morte]], as campás das igrexas de Castela repenicaron como símbolo de celebración. [[Miguel de Cervantes]] e [[Francisco de Quevedo]] dedicaron versos á morte do máis innobre inimigo de Filipe II.