Chipre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Cultura: arranxiños
Liña 95:
A Constitución de [[1960]] prevía un sistema de goberno presidencial con executivos independentes, lexislativo e xudicial, así como un complexo sistema de controis e equilibrios, deseñando un coeficiente de participación para protexer os intereses dos turco-chipriotas. O executivo, estaba encabezado por un presidente greco-chipriota e un vicepresidente turco-chipriota, elixidos polas súas respectivas comunidades por períodos de cinco anos, posuíndo cada un dereito de veto sobre determinados tipos de leis e decisións executivas. Dende [[1964]], tralos enfrontamentos entre as dúas comunidades, os asentos turco-chipriotas na Cámara permanecen vacantes, adoptando unha actitude ríxida contra calquera medida que faga que os membros das dúas comunidades vivan e traballen xuntos, de feito comprometéronse á separación física e xeográfica das dúas comunidades coma obxectivo político, o que resultou nunha política deliberada de auto-segregación.<ref>[http://www.humanrights.coe.int/minorities/eng/FrameworkConvention/StateReports/1999/cyprus/B.htm Quotation from March 1999 report submitted by Cyprus in the framework of the Convention for the Protectino of Mational Minorities]</ref>
 
A Cámara de Representantes ten actualmente 59 membros elixidos para un mandato de cinco anos, 56 membros de representación proporcional e 3 membros observadores en representación das minorías [[armenia]], [[Igrexa Católicacatólica Latinalatina|latina]] e [[Igrexa Católicacatólica Maronitamaronita|maronita]]. Os 24 escanos asignados á comunidade turca permanecen vacantes dende [[1964]]. O ambiente político está dominado polo comunista AKEL, o liberal conservador Dimokratikós Sinayermós, o centrista Dimokratikó Kómma, os social-demócratas EDEK e o centrista Partido Europeo.
 
O [[17 de febreiro]] de [[2008]], [[Dimitris Christofias]] do AKEL, foi elixido [[presidente de Chipre]], sendo Chipre un dos dous únicos países do mundo en ter un goberno comunista elixido democraticamente xunto con [[Nepal]], e en consecuencia o único da [[Unión Europea]]. O [[28 de febreiro]] de [[2013]] foi elixido presidente [[Nicos Anastasiades]] cun 57'5% dos sufraxios, devolvéndolle o poder á [[democracia cristiá]] e ó [[conservadorismo]].