Sinfonía núm. 8 (Mahler): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Piquito (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Artigo de calidade}}
{{Composición musical}}
[[Ficheiro:Mahler 8 Rehearsal.png|miniatura|250px|Múnic, setembro de 1910. Último ensaio para a estrea absoluta da ''Oitava Sinfonía'' de Mahler, no [[Neue Musik-Festhalle]].]]
A '''''Sinfonía n.º 8 en [[mi bemol maior]]''''' de [[Gustav Mahler]], coñecida co sobrenome de '''''der Tausend''''' (''dos mil''), é unha das obras corais de maior escala do repertorio orquestral clásico. Debido a que require unha enorme cantidade de instrumentistas e coristas, é denominada frecuentemente ''"Sinfonía dos mil"'', aínda que a obra adoita interpretarse con menos de mil intérpretes e o propio Mahler non aprobou dito sobrenome. A obra foi composta nun único período de inspiración, en [[Maiernigg]] no sur de [[Austria]] no verán de [[1906]]. Foi a última obra que Mahler estreou en vida e acadou un grande éxito de crítica e público cando o compositor a dirixiu na súa estrea absoluta na cidade [[Baviera|bavaresa]] de [[Múnic]] ([[Alemaña]]), o [[12 de setembro]] de [[1910]].