Audiovisual galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 3:
== Historia ==
=== Os comezos ===
A primeira gravación da historia da [[filmografía]] galega foi o ''[[Entierro del general Sánchez Bregua]]'', rodada na [[A Coruña|Coruña]] o [[20 de xuño]] de [[1897]] (a segunda película española máis antiga tan só despois de ''Salida de misa de doce del Pilar de Zaragoza''), rodada por [[José Sellier]]. Dende aquela o seu percorrido é o da historia do resto da cultura galega, resumible en dúas opcións: exilio ou silencio. Facendo certo o refrán que fai que os profetas non o sexan na súa terra, o éxito dos profesionais galegos deuse no estranxeiro, principalmente na [[Arxentina]], [[México]], [[Francia]] e [[Cuba]]. Nomes como [[Maruja Mallo]], [[Carolina Otero]] ou [[Ignacio Quirós]] apareceron nas páxinas da revista ''[[Galicia Emigrante]]'', como mostra do que os galegos e fillos de galegos facían nas pantallas e teatros de fóra de Galicia. Desta época é tamén a relación do cine coa compañía relixiosa fundada polo patrón da cinematografía: os [[salesianos]], creados por [[San Xoán Bosco]] teñen un labor iniciático na divulgación, promoción, fomento, defensa e mesmo formación e protección do cine de base aló onde se asentaron, moi a pesar da represión franquista, en [[Vigo]], [[Ourense]] ou [[A Coruña]].
 
En [[1916]] filmouse ''[[Miss Ledyia]]'', o primeiro filme galego de ficción.