Monte Neme: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Jglamela (conversa | contribucións)
Imaxes
Liña 1:
{{Coordenadas|43|16|14.09|N|8|44|23.50|W|display=title}}
[[Ficheiro:Panorámica dende o Monte Neme.jpg|miniatura|Panorámica dende o monte Neme]]
'''Monte Neme''' é un lugar situado como límite entre os concellos de [[Carballo]] e [[Malpica de Bergantiños]]. O monte ten 387 metros de altura. Preto do cumio había un [[crómlech]] que foi destruído nos anos 1960 na construción da estrada de acceso. Foi reconstruído preto de onde estaba<ref>[http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/circulos-liticos-e-pedrafitas-de-galiza_09.html Malpica. o noso patrimonio]</ref>.
 
Liña 7 ⟶ 8:
No lugar mestúranse lendas, que lle dan ao monte un carácter sagrado ou telúrico, de feito a tradición oral asignoulle ao propio monte significados especialmente vencellados a un carácter pagán e demoníaco, cando menos no tocante ás tradicións ligadas á mística do círculo de pedra. O nome de Eira das Meigas ou Circo dos Xogos, fai referencia á asociación do lugar con [[aquelarre]]s e celebracións escuras, asociadas á [[noite de San Xoán]] ou aos solsticios. A construción de varias igrexas, como as de Santa María de Ardaña ou Santa Cristina, protexerían os veciños dos meigallos<ref name="historia">[http://historiadegalicia.gal/2016/10/o-monte-que-garda-un-cromlech-cultos-precristians-e-oscuras-minas/ Historia de Galicia ''Queren recuperar o monte que garda un crómlech, cultos precristiáns e escuras minas'']</ref>.
 
== CrómelechCrómlech ==
Preto do cumio, na aba sueste, orientado ao nacente do monte, atópase un crómlech de pequeno tamaño, a "Eira das Meigas" ou "Circo dos Xogos", un conxunto lítico formado por laxes en círculo, un dos poucos exemplos destas estruturas que chegaron aos nosos días na actual Galicia. O chómlech xa fora descrito por autores como [[Manuel Murguía]] ou [[Luís Monteagudo]].
 
Liña 15 ⟶ 16:
 
== Minaría ==
[[Ficheiro:Antiga mina no Monte Neme.jpg|miniatura|Mina abandonada do monte Neme]]
O monte salienta ademais por riqueza mineral, xa que, a diferenza de todo o occidente galego, predomina o [[gneis]] mais ca o [[granito]]. É moi posíbel que xa na [[Imperio Romano|época romana]], grega ou fenicia, foran explotados os xacementos de [[estaño]] do monte, elemento moi apreciado daquela.
 
Liña 36 ⟶ 38:
[[Categoría:Carballo]]
[[Categoría:Malpica de Bergantiños]]
[[Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes]]
[[Categoría:Mitoloxía galega]]