Subversión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Andalcant (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m link
Liña 5:
A '''actividade subversiva''' consiste en prestar axuda ou apoio moral a individuos, grupos ou organizacións que promovan o derrocamento de gobernos por medio da forza e a violencia. Todas as actividades voluntarias que son en detrimento dos intereses do goberno e non caen na categoría de traizón, sedición, sabotaxe ou [[espionaxe]] considéranse subversivas.
 
Varios autores recentes, en tradicións [[posmodernismo|posmodernas]] e postestruturais (incluíndo particularmente a autores [[feminismo|feministas]]), prescribiron unha lixeira forma de subversión. Desde o seu punto de vista non é, directamente, o Estado o que debe ser subvertido, senón as forzas culturais predominantes, como o patriarcado, o [[individualismo]] e o [[racionalismo]] [[científico]]. A implementación deste novo branco da subversión débese sobre todo ás ideas de [[Antonio Gramsci]], quen sinalou que a revolución comunista requiría a erosión da [[hexemonía cultural]] en calquera [[sociedade]].
 
== Véxase tamén ==