Linguaxe Pascal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Postas en funcionamento: Ligazón interna.
Liña 31:
 
== Postas en funcionamento ==
As primeiras versións do compilador de Pascal, entre elas a máis distribuída foi [[UCSD Pascal]], traducían o [[código fonte]] para unha [[máquina virtual]] chamada máquina-P. A gran vantaxe deste enfoque é que para ter un compilador de Pascal nunha nova arquitectura de máquina só facía falta reimplementar a máquina-P. Como consecuencia disto, só unha pequena parte do intérprete tiña que ser reescrita cara a moitas arquitecturas.
 
Nos anos oitenta, [[Anders Hejlsberg]] escribiu o compilador [[Blue Label Pascal]] para a [[Nascom-2]]. Máis tarde foi traballar para [[Borland]] e reescribiu o seu compilador que se converteu en [[Turbo Pascal]] para a [[IBM]] [[Ordenador persoal|PC]]. Este novo compilador vendeuse por 49 $ un prezo orientado á distribución masiva.