República de Nova África: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
 
Liña 7:
==Historia==
O manifesto orixinal da RNA demandaba a cesión por parte dos [[Estados Unidos]] dos estados sureños de [[Luisiana]], [[Mississippi]], [[Alabama]], [[Xeorxia (Estados Unidos)|Xeorxia]], e [[Carolina do Sur]] e o pago de 400 billóns de dólares como [[Reparacións por escravitude|reparación]]s polas inxustizas sufridas polos americanos de raza negra durante os periodos de [[escravitude]] e [[segregación racial]]. Estas concesións serían as bases para a creación dun estado negro independente.
 
O goberno provisional da república foi establecido nunha conferencia de militantes nacionalistas negros en [[Detroit]] en 1968. A conferencia foi convocada polo avogado [[Milton Henry]] e o seu irmán [[Richard Henry|Richard]], antigos coñecidos de [[Malcolm X]] que renomeáronse eles mesmos como [[Gaidi Obadele]] e [[Imari Abubakari Obadele]]. [[Imari Obadele]] foi elexido como "Presidente Provisional".