Carlos de Anjou: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
optimised files
Liña 115:
Manfredo dirixiu as súas miras ao centro e o norte de Italia e, conxuntamente cos xibelinos, derrotou completamente aos güelfos, de forma que foi recoñecido protector de Toscana polos florentinos xibelinos, e foi elixido senador de Roma por unha facción da cidade, expulsando ao papa Alexandre IV. Mentres, os [[Reino de Aragón|aragoneses]] fixeron acto de presenza, ao acordar os esponsais do herdeiro do reino, [[Pedro III de Aragón|Pedro]], coa filla de Manfredo [[Constanza II de Sicilia]]. Neste momento, os xibelinos podían aspirar á hexemonía sobre toda Italia e calquera alivio á terrible presión que estes exercían sobre o papa era ben recibido: de aí que Alexandre IV acollese ben aos embaixadores casteláns prometéndolles que na querela imperial se atería á máis estrita xustiza.
 
Tras unha sede vacante de tres meses, o [[Patriarcado Latinolatino de Xerusalén|patriarca de Xerusalén]], Xacobe Pantaleón, de orixe francesa, foi elixido en setembro de 1261 como novo papa, como [[Urbano IV]] (1261–1264), que nunca pisaría Roma e, aínda que mantivo unha teórica actitude de neutralidade entre os dous candidatos, o casteláno e o inglés, non estaba disposto a que calquera de ambos os candidatos puidera sumar as súas forzas ás dos seus inimigos os xibelinos. Ante isto, ideou unha arbitraxe que lle permitira demorar a súa sentenza o tempo que fora necesario.<ref>{{cita libro
| apelidos= Suárez Fernández
| nome= Luis