Lingua latina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Sicilia
m →‎Historia: arranxiños​
Liña 59:
* '''[[Latín vulgar]]''', incluíndo o período patrístico, do [[século II]] ao [[século V|V]] d.C., onde se inclúe a '''Vulgata''' de [[San Xerome]] e as obras de [[Agostiño de Hipona|Santo Agostiño]].
* '''[[Latín medieval]]''', do [[século VI]] ao [[século XIV]]. A literatura latina continúa mais xorden as linguas romances.
* '''Do [[século XV]] até agora'''. Redescuberta do latín da idade dourada no [[Renacemento]]. O latín vulgar continúa sendo usado polos eruditos ata o [[século XVII]], como [[Isaac Newton]], e pola [[Igrexaigrexa Católicacatólica Latinalatina]] (obrigatorio ata mediados do [[século XX]]).
 
Aínda despois da transformación do [[latín vulgar]] en linguas romances, o latín continúa fornecendo un repertorio de raíces para moitos campos semánticos, especialmente culturais e técnicos, para unha ampla variedade de linguas.
 
Moitas linguas europeas derivan directamente do latín, as [[lingua romance|linguas romances]], como [[Lingua galega|galego]], o [[Lingua portuguesa|portugués]], o [[lingua castelá|castelán]], o [[Lingua catalá|catalán]], o [[Lingua occitana|occitano]], o [[Lingua francesa|francés]], o [[Lingua italiana|italiano]], o [[romanche]], o [[Lingua romanesa|romanés]] etc. Outras linguas teñen unha grande influencia do latín no seu vocabulario, como o [[Lingua albanesa|albanés]] (por proximidade) ou o [[Lingua inglesa|inglés]] (pola intermediación do [[francés antigo]]). O latín foi durante séculos a lingua de cultura e a da [[Igrexaigrexa Católicacatólica]]. A súa influencia en [[Europa]] fíxose sentir nun gran número de linguas.
 
== Latín medieval ==