O Castro de Ouro, Alfoz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 20:
[[Ficheiro:IgrexaSanSalvadordeCastrodouro.JPG|miniatura|esquerda|Igrexa de San Salvador do Castro de Ouro.]]
 
A '''igrexa parroquial de San Salvador do Castro de Ouro''', é un templo orixinal datado do [[século XV]]; foi a capela do restaurado [[castelo de Castrodouro]]. A igrexa foi reedificada con posteridade, ten unha soa nave con arco triunfal de medio punto, capela maior cunha xanela de finais do século XV, a sancristía acaroada nun lateral e un sinxelo pórtico. Nun muro lateral encóntrase unha lápida gótica con inscrición e as figuras de Cristo, a Virxe, San Xoán e dous anxos. Ten unha pintura mural da Piedade de finais do [[século XIV]], e un calizcáliz de prata do ano [[1573]]. A fachada principal ten porta con arco adintelado e unha espadana de dous corpos. No interior consérvanse retablos con esculturas.
 
O '''[[castelo do Castrodouro]]''' foi levantado sobre un antigo castro celta e domina o val que rega o [[río Ouro]]. Hai quen di{{Quen}} que neste simbólico monumento foi preso o Mariscal despois de tres anos de loita contra os enviados dos [[Reis Católicos]]. Antigamente foi propiedade da [[diocese de Mondoñedo]], que o perdeu por causa do mariscal e posteriormente o volveu recuperar. A torre foi restaurada a mediados do século XVI para convertela en Cámara do Bispo e abandonada anos máis tarde. O concello restaurouna a principios do [[século XX]] para facer dela a Casa Consistorial, o xulgado e unha escola para nenos. Co tempo foi quedando para a casa do Concello, mais no 1990, co traslado deste ao lugar da Seara, quedou convertida no [[Museo do Mariscal]]. Da antiga fortaleza de estilo gótico consérvanse a Torre da Homenaxe, a capela e restos das murallas, con partes visibles de foxos e contrafoxos. A Torre é de construción cúbica de tres plantas construída en perpiaño de granito e coroada por ameas. A planta baixa ten como acceso unha porta arqueada flanqueada por 2 xanelas xeminadas. Nos pisos superiores hai unha fila de tres xanelas xeminadas en cada un. Nos laterais repítese o modelo de ventá, tanto na planta baixa como no primeiro piso. No segundo piso a xanela é adintelada. Está declarardo [[Ben de Interese Cultural]].