Cleopatra VII: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8:
 
=== Comezos do reinado ===
Cleopatra tiña varios irmáns: Berenice IV e Cleopatra VI como irmás maiores (ambas reinaron en vida do seu pai, ao cal expulsaran do reino), unha irmá menor chamada [[Arsínoe IV]] e dous irmáns menores chamados Tolomeo XIII e Tolomeo XIV. A educación de todos eles foi puramente grega, segundo costume tolemaico. Cleopatra foi o primeiro membro desta dinastía que aprendeu a falar o [[lingua exipcia|idioma exipcio]]; mais non só coñecía este idioma senón tamén o [[lingua grega|grego]], o [[lingua hebrea|hebreo]], o [[lingua siria|sirio]] e o [[lingua aramea|arameo]] e talvez tamén o [[lingua latina|latín]]. Aprendeu así mesmo [[literatura]], [[música]], ciencias políticas, [[matemáticas]], [[astronomía]] e [[medicina]]. Ademais tiña fama de ser unha muller moi bela e de modais doces e educados.
 
Aos tres anos do seu reinado, o seu irmán Tolomeo aconsellado polos seus asesores Pothinus e Achelas expulsou a súa irmá do trono e obrigouna ao exilio en [[Siria]]. Desde esta rexión Cleopatra pretendeu recuperar o trono, reunindo un bo exército para este fin, mais realmente non conseguiu nada até a chegada a [[Alexandría]] de [[Xulio César]] no ano [[-48|48 a.C.]]. Un ano máis tarde, no 47, Tolomeo XIII morreu en combate e Xulio César proclamou a Cleopatra raíña absoluta de Exipto e ademais obrigouna a casar de novo co seu outro irmán menor, que tiña 12 anos e que sería Tolomeo XIV.