Diferenzas entre revisións de «Silvamar»

Arranxos
(Corrixo nome bebida conforme DRAG)
(Arranxos)
}}
[[Ficheiro:Smilax_aspera_MHNT.BOT.2008.1.1.jpg|miniatura|''Smilax aspera'']]
A '''silvamar'''<ref>{{DRAG|silvamar}}</ref> ou '''zarzaparrilla''' <ref name="zar">{{DRAG|zarzaparrilla}}</ref> ('''''Smilax aspera''''') é un arbusto da familia das [[Smilacáceas]] (antigamente situábase nunha definición ampla das [[Liliáceas]]) de talo delgado, follas pecioladas e espiñentas, flores abrancazadas en umbela, froito globoso de cor vermella escura e rizoma alongado e nodoso, da que se utiliza principalmente o rizoma en infusión; as follas teñen tamén propiedades medicinais<ref>Nome galego e definición en ''Diccionario Cumio da lingua galega'', Vigo, Ed. do Cumio, 1999</ref><ref>VV. AA. (2012) ''Dicionario de alimentación e restauración'', Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega</ref>. É orixinaria de [[Asia]], [[África]] e [[Europa]].
 
== Descrición ==
O froito contén dunha a tres sementes. Na base do pecíolo de cada folla, hai dous [[Gabián (botánica)|gabiáns.]] O froito non se utiliza, o que se utiliza é a súa [[raíz]].
 
Cómpre non confundir a especie coa outra rubideira semellante: as [[uvas de can]] ou norza moura (''[[Tamus communis]]''), cuxos froitos son [[veleno]]<nowiki/>sos: enróscase no senso das agullas do reloxo, o seu froito contén 6 sementes, e non ten gabiáns.
 
== Distribución e hábitat ==
 
== Usos ==
A zarzaparrilla <ref>{{DRAG|zarzaparrilla}}< name="zar"/ref> dá nome a unha bebida refrescante obtida das raíces da planta. Esta bebida xa moi antiga, foi moi popular en Europa e nos Estados Unidos até a aparición de refrescos como a [[Coca-Cola]].<ref>{{Cita web|url=http://www.botanical-online.com/medicinalszarzaparrilla.htm|editorial=Botanical-online SL|título=Propiedades de la zarzaparrilla}}</ref> Con todo determinados compostos presentes na planta foron utilizados para a elaboración de [[pesticida]]<nowiki/>s e velenos altamente potentes. Xa na época [[Inca]], durante a batalla de Cajamarca, os cabalos españois que participaron no cerco que deu lugar á captura do inca [[Atahualpa]], pasaron a noitada espertos grazas á inxesta accidental desta planta.
[[Ficheiro:Salsepareille1.jpg|miniatura|Silvamar.]]
[[Ficheiro:Smilax_aspera.GIF|miniatura|Ilustración técnica da silvamar.]]
 
== Nome común ==
* Galego: silvamar, zarzaparrilla,  rigorda<ref>''Termos esenciais de botánica'', Santiago de Compostela, Universidade, 2004; ''Vocabulario de ciencias naturais'', Santiago de Compostela, Xunta, 1991; ''Gran dicionario Xerais da lingua galega'', Vigo, Xerais, 2009; ''Vocabulario ortográfico da lingua galega'', A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004</ref> bigorda , silva do mar<ref>E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): ''Nomenclatura vernácula da flora vascular galega'', Xunta de Galicia</ref>.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
{{Control de autoridades}}
[[Categoría:Smilax]]
[[Categoría:Plantas rubideiras]]
31.929

edicións