Sínodo de Whitby: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado contido e referencia
Sen resumo de edición
Liña 8:
A historia da reunión é referida por [[Beda|Beda o Venerable]] na súa ''[[Historia ecclesiastica gentis Anglorum|Historia eclesiástica dos ingleses.]]'' Os bandos estaban representados por Colman de York (polos monxes irlandeses) e Agilberto, un franco bispo de Wessex (polo bando dos romanos). Dado que este último non dominaba a lingua saxoa, pediu o apoio de Wilfrid para defender a súa causa<ref>{{Cita libro|título=Diccionario de los santos|apelidos=Leonardi|nome=Claudio|editorial=San Pablo|ano=2000|ISBN=84-285-2259-6|apelidos2=Riccardi|nome2=Andrea|apelidos3=Zarri|nome3=Gabriella|volume=Vol. II (J-Z)|lugar=Madrid|páxina=2221|ref=}}</ref>.
 
Segundo Beda (partidario de Roma), Oswiu preguntaría aos monxes romanos -do anglosaxón Wilfrid, monxe de [[Abadía de Ripon|Ripon]], que chegaría a ser bispo de [[York]]<ref>López Amat, Alfredo; op. cit., páxina 113.</ref>- que títulos alegaban para afirmar a súa superioridade xerárquica sobre os monxes irlandeses, ante o cal eles citarían o texto bíblico de [[Evanxeo de Mateo|Mateo]] 16:18-19 ["... ''Ti es Pedro, e sobre esta pedra edificarei a miña igrexa ... Eu dareiche as chaves do reino dos ceos: todo o que ates na terra será atado no ceo, e o que desates na terra será desatado nos ceos''."] engadindo que [[Pedro, papa|Pedro]] chegara logo a ser [[Papa|Bispo de Roma]], e que máis tarde tamén nomeara aos futuros bispos desa cidade como os seus sucesores e únicos herdeiros, e finalmente, que o bispo de Roma enviáraos a eles. Tamén argumentaron que contaban co apoio de Roma, de Italia, Galia, Hispania e África<ref name=":0" />, mentres que os da igrexa céltica só tiñan o apoio das dúas illas e nin sequera na súa totalidade.
 
Fronte a estas argumentacións, Oswiu preguntaría aos monxes irlandeses, encabezados por [[Colman de Lindisfarne]], se eles podían reclamar tamén para si mesmos semellantes poderes, ao que eles, por suposto, replicaron negativamente. Daquela, o rei reflexionou no sentido en que cómpríalle máis axeonllarse fronte a poderosa Igrexa de Roma que fronte aos humildes mosteiros irlandeses, porque de facer o contrario, ao morrer e chegar ao ceo podería atopar as portas pechadas por quen tiña as chaves do mesmo.
 
== Consecuencias ==