Diferenzas entre revisións de «Presión arterial»

sen resumo de edición
A '''presión (ou tensión) arterial''' (PA) é a [[presión]] exercida pola circulación do [[sangue]] nas paredes dos vasos sanguíneos, e é un dos principais sinais vitais. En cada latexo do [[corazón]], a PA varía entre un máximo (presión sistólica) e un mínimo (presión diastólica) de presión. A PA media diminúe a medida que a [[Aparato circulatorio|circulación]] vai dende o [[corazón]] para as [[arteria]]s, e ten a súa maior diminución nas pequenas arterias e arteriolas, e segue a diminuír a medida que o sangue se move a través dos [[Capilar|vasos capilares]] e volve ó corazón polas [[vea]]s. É un dos [[signos vitais]], xunto coa [[frecuencia respiratoria]], a [[frecuencia cardíaca]], [[oxixenación]] e [[Termorregulación|temperatura corporal]]. A presión arterial dun adulto en repouso é de arredor de 120 milímetros de mercurio (16 kPa) sistólicos, e 80 milímetros de mercurio (11 kPa) diastólicos, abreviado "120/80 mmHg".
 
O termo de presión arterial, xeralmente, refírese a presión medida no brazo dunha persoa, especialmente na [[arteria braquial]], empregando un esfigmomanómetro.<ref name=":0">{{Cita publicación periódica|last=Ogedegbe|first=Gbenga|last2=Pickering|first2=Thomas|date=2010-11-01|title=Principles and techniques of blood pressure measurement|journal=Cardiology Clinics|volume=28|issue=4|pages=571–586|doi=10.1016/j.ccl.2010.07.006|issn=1558-2264|pmc=3639494|pmid=20937442}}</ref> Máis recentemente, empréganse outros métodos semiautomáticos por mor do potencial risco de intoxicación por [[Mercurio (elemento)|mercurio]],<ref>{{Cita publicación|last=O'brien|first=Eoin|date=2001-01-01|title=Blood pressure measurement is changing!|url=http://heart.bmj.com/content/85/1/3|journal=Heart|language=en|volume=85|issue=1|pages=3–5|doi=10.1136/heart.85.1.3|issn=1468-201X|pmc=1729570|pmid=11119446}}</ref> aínda que o custo e a facilidade de uso tamén influíron nesta tendencia.<ref name=":0" /> As alternativas anteriores ó esfigmomanómetro eran pouco exactas, pero os dispositivos modernos teñen un grao de exactitude semellante ós de mercurio.<ref name=":0" />
 
A presión do sangue está influída polo [[gasto cardíaco]], a [[resistencia vascular]] e a [[rixidez arterial]] e varía dependendo da situación, do estado emocional, a actividade e os estado de saúde ou enfermidade. A curto prazo é regulada por [[barorreceptor]]es que actúan a través do cerebro para influír nos sistemas [[sistema nervioso|nervioso]] e [[sistema endócrino|endócrino]].
299.203

edicións