Matilde Landa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 22:
Ingresou no PCE nos primeiros meses de 1936, pouco antes da Guerra Civil, grazas aos seus contactos co activista italiano [[Vittorio Vidali]] (''Comandante Carlos''), delegado do [[Komintern]] e cofundador e comisario político do [[Quinto Rexemento de Milicias Populares]], e á súa compañeira a fotógrafa e actriz [[Tina Modotti]].
 
O 21 de xullo de 1936, uns días despois do fracasado [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936|golpe de Estado]], foi destinada ao Hospital Obrero ocupado polo Quinto Rexemento en Madrid, e ese mesmo verán enrolouse no batallón feminino do mesmo, realizando alí a instrución militar. Xunto a outras moitas mulleres, entre as que se encontraba Tina Modotti, embarcouse no esforzo de converter o hospital -que fora asilo para [[Tuberculose|tuberculosos]] rexentado por relixiosas- nun [[hospital de sangue]] para as milicias populares, que xa estaban freando o avance fascista na [[Batalla de Guadarrama|serra norte de Madrid]]. O batallón feminino do Quinto Rexemento, seguindo a idea de Dolores Ibarruri, pretendía que as mulleres combateran na fronte en situación de igualdade cos homes. A presenza de mulleres nun corpo militarizado como aquel suscitou unha polémica nas filas do PCE, e as dúas únicas compañías de mulleres que chegaron a formarse acabaron disolvéndose.<ref name="Ginard" />
 
Despois incorporouse a tarefas sanitarias nun hospital de sangue en Madrid ([[Hospital de Maudes|Hospital Obreiro de Maudes]]). En 1936 o hospital foi evacuado debido ao avance das tropas franquistas, e Matilde trasladouse en novembro a [[Valencia]] para reorganizar o SRI.