Abraham Gottlob Werner: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*-uct- > -ut-.
Liña 12:
Era fillo de Abraham David Werner, un inspector da [[ferro|siderurxia]] ducal de Solms (''Gräflich-Solmsschen Eisenhüttenwerk'') e Wehrau e Lorzendorf (Lorenzdorf, hoxe: [[Ławszowa]]), pasando a partir de [[1764]] a traballar como escribán da siderurxia e como adxunto do seu pai.
 
EmEn [[1769]] matriculouse na Escola de Minas da Universidade Técnica de Freiberg (''Freiberger TU Bergakademie ou Technische Universität Bergakademie Freiberg''). Pasou en [[1771]] para a universidade de [[Leipzig]] (''Universität Leipzig''), onde estudou [[dereito]] e máis tarde [[ciencias naturais]], [[minería]] e [[mineraloxía]], sendo alí alumno de [[Johann Carl Gehler]] (1732-1796).
 
En [[1775]] foi convidado por [[Carl Eugenius Pabst von Ohain]] para que ocupara os cargos de inspector e instrutor de [[mineraloxía]] na Escola de Minas de [[Freiberg]], onde despois sería profesor e onde traballaría até o seu falecemento.