Diferenzas entre revisións de «Hattusilis III»

(pero)
== Gobernador da Terra Alta ==
 
No reinado de son irmán [[Muwatallis II]] este destinouno a outras misións. Algunha expedición contra os kaska foi dirixida por Hattusilis, ao que o seu irmán nomeou gobernador na cidade de [[Pitteyarika]], non lonxe de Samuha, peroaínda que non lle deu as forzas militares que Hattusilis reclamaba. Aínda así Hattusilis atacou aos kaskas e derrotounos de xeito importante nas proximidades de [[Hahha]], onde deixou unha estela conmemorativa, devolvendo aos hititas as súas terras anteriores; os xefes kaska serían enviados prisioneiros ao seu irmán Muwatallis. Esta vitoria decidiu a Muwatallis a nomealo xefe da garda real (o terceiro cargo do Imperio despois do rei e o herdeiro) e tamén o fixo gran sacerdote do deus das tormentas de [[Nerik]] (que era adorado en Hakpis porque Nerik permanecía despoboada en zona kaska, e nomeouno de feito gobernador da [[Terra Alta Hitita]] con Samuha, Pitteyarika, Hakpis, [[Istahara]], [[Tarahna]], [[Hattina]] e [[Hanhana]] como principais cidades, todas ao bordo dos territorios [[kaska]].
 
== Conflito con [[Arma-Tarhunta]] ==
Usuario anónimo