Voo 800 de TWA: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
amplio de en.wiki
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 34:
O persoal de mantemento en terra bloqueou a reversa do motor 3 (tratado como un elemento da lista de mínimos) debido a problemas técnicos cos sensores de reversa durante a aterraxe do TWA 881 no JFK, antes da saída do voo 800. Ademais, substituíronse varios cables da reversa do motor 3. Durante a repostaxe, o control de apagado volumétrico (VSO) crese que se disparou antes de que os tanques estivesen cheos. Para continuar a repostaxe a presión, un mecánico de TWA invalidou o VSO automático tirando do fusible volumétrico e dun disruptor de desbordamento. Os rexistros de mantemento indican que o avión tiña numerosos informes relacionados co VSO nas semas previas ao accidente.<ref name="Informe oficial do accidente" />
 
O TWA 800 foi programado para deixar o aeroporto JFK cara ParisParís ao redor das 7:00 pm, pero o voo atrasouse ata as 8:02 pm por unha peza do equipo de terra incapacitada e unha incompatibilidade pasaxeiro/equipaxe.<ref name="Informe oficial do accidente" /> Despois de que se confirmase que o dono da equipaxe en cuestión estaba a bordo a tripulación preparouse para saír e o avión fixo ''pushback'' dende a porta 27 do TWA Flight Center. A rodaxe e o despegue realizáronse con normalidade.
 
Posteriormente o TWA 800 recibiu unha serie de cambios de rumbo e en xeral se lle asignaron incrementos de altitude ata subir ata a súa altura de cruceiro prevista.<ref name="Informe oficial do accidente" /> O tempo na área era de ventos lixeiros con nubes dispersas e as condicións de luz eran as do solpor.<ref name="Informe oficial do accidente" /> A derradeira transmisión de radio dende o avión foi ás 8:30 pm, cando a tripulación de voo recibiu e despois recoñeceu as instrucciónsinstrucións dende o centro de control aéreo de Boston para subir ata os 15 000 pés (4 600 m).<ref name="Cockpit Voice Recorder">{{cita web|título=Group Chairman's Factual Report of Investigation – Cockpit Voice Recorder|url=https://web.archive.org/web/20070614121659/http://www.ntsb.gov/events/TWA800/exhibits/Ex_12A.pdf|editor=NTSB|dataacceso=23 de agosto de 2017}}</ref> Os últimos datos do transpondedor do avión graváronse polo radar da Federal Aviation Administration (FAA) en [[Trevose, Pennsilvania]] ás 8:31:12 pm.<ref name="Informe oficial do accidente" />
 
38 segundos despois o capitán dun [[Boeing 737]] de [[Eastwind Airlines]] informou ao centro de control de Coston que acababa de ver un estoupido no aire, a uns 16 000 pés, e que caíu cara a auga. Posteriormente, moitas instalacións de control de tráfico aéreo na zona de Nova York recibiron informes dun estoupido de parte de outros pilotos que operaban na zona. Moitas testemuñas na área do accidente dixeron que viran ou escoitaran estoupidos, acompañados por unha ou varias grandes bolas de lume sobre o océano, e observaron cascallos, algúns dos cales estaban ardendo mentres caían.<ref name="Informe oficial do accidente" />