Ácido glutámico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Neurotransmisor: Hipocampo (anatomía)
Liña 108:
 
=== Neurotransmisor ===
O glutamato é o [[neurotransmisor]] excitatorio máis abundante no sistema nervioso dos vertebrados. Nas [[sinapse]]s químicas o glutamato almacénase en [[vesícula]]s. Os [[impulso nervioso|impulsos nerviosos]] desencadean a liberación de glutamato na célula pre-sináptica. Na célula post-sináptica que está en fronte, o glutamato únese aos [[receptor de glutamato|receptores de glutamato]], como os [[receptor NMDA|receptores NMDA]], que se activan. A causa do seu papel na [[plasticidade sináptica]], o glutamato está implicado en funcións cognitivas cerebrais como a [[aprendizaxe]] e a [[memoria]].<ref>{{Cita publicación periódica |author=McEntee, W. & Crook, T |title=Glutamate: its role in learning, memory, and the aging brain. |journal=Psychopharmacology |volume=111 |issue=4 |pages=391–401 |year=1993 |pmid=7870979 |url=http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/7870979 |doi=10.1007/BF02253527}}</ref> A forma de plasticidade denominada [[potenciación a longo prazo]] ten lugar nas sinapses glutamatérxicas do [[Hipocampo (anatomía)|hipocampo]], [[neocórtex]], e outras partes do cerebro. O glutamato actúa non só como un transmisor dun punto a outro senón tamén interferindo con outras sinapses, nas cales a sumación de glutamato liberado nas sinapses veciñas orixina transmisións extrasinápticas.<ref>Okubo Y, Sekiya H, Namiki S, Sakamoto H, Iinuma S, Yamasaki M, Watanabe M, Hirose K, Iino M. (2010). Imaging extrasynaptic glutamate dynamics in the brain. Proc Natl Acad Sci U S A. 107:6526–6531. {{doi|10.1073/pnas.0913154107}} PMID 20308566</ref>
 
Os [[transportador de glutamato|transportadores de glutamato]]<ref>{{Cita publicación periódica |author=Shigeri Y, Seal RP, Shimamoto K |title=Molecular pharmacology of glutamate transporters, EAATs and VGLUTs |journal=Brain Res. Brain Res. Rev. |volume=45 |issue=3 |pages=250–65 |year=2004 |pmid=15210307 |doi=10.1016/j.brainresrev.2004.04.004 |url=}}</ref> atópanse tanto nas membranas de [[neurona]]s coma de [[célula glial|células da glia]]. Estes transportadores eliminan rapidamente o glutamato extracelular. Pero cando hai danos cerebrais, poden actuar á inversa, e pode acumularse un exceso de glutamato fóra das células. Este proceso causa que os ións calcio entren nas células polas canles dos [[receptor NMDA|receptores NMDA]], causando danos nas neuronas e finalmente a morte celular, e isto recibe o nome de [[excitotoxicidade]]. Os mecanismos da [[apoptose]] inclúen: