Aethelstan de Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
asdd
Servando2 (conversa | contribucións)
asdf
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 1:
[[Ficheiro:King.athelstan.tomb.arp.jpg|miniatura|200x200px|
e
Tumba do rei AthelstanAethelstan.]]
'''Aethelstan''', Æþelstan, Æðelstān ou Ethelstan ([[Lingua nórdica antiga|nórdico antigo]]: Aðalsteinn), nado en 895 e finado o 27 de outubro de [[939]], chamado '''o Glorioso''', foi rei dos [[anglosaxóns]] de [[924]] a 927 e rei de [[Inglaterra]] de [[927]] a 939. O seu reinado é frecuentemente pasado por alto polos historiadores modernos, enfocándose máis no do seu avó, [[Alfredo o Grande]], ou no do seu sobriño, Edgar o Pacífico. Con todo, o seu reinado foi de importancia fundamental para o desenvolvemento político do [[século X]].
 
Liña 15:
Ao morrer o seu medio irmán, o rei Aethelweard, logo de tan só 16 días de reinado —ao parecer asasinado por orde súa— o ([[2 de agosto]] de 924), a Witan elíxeo como o novo soberano, sendo coroado en Kingston-upon-Thames o [[4 de setembro]] de [[924]].
 
Durante o seu reinado demostrou ser un consumado [[diplomático]], preferindo as alianzas á guerra. O [[30 de xaneiro]] de [[926]] casou á súa irmá Edith con Sihtric ua Ímair, rei [[viquingo]] de Jórvik e de [[Reino de Northumbria|Northumbria.]] Con todo, Sihtric morre ao ano seguinte ([[927]]) e AthelstanAethelstan aproveitou a oportunidade para anexionarse [[Reino de Northumbria|Northumbria.]] Isto convérteo no rei saxón coa maior extensión territorial até entón; por esta razón, os demais reis británicos sometéronse ao seu mando en Bamburgh. Na [[Crónica anglosaxoa]] descríbese como cada un dos reis se inclina ante o seu supremo líder: "primeiro Hywel, rei de Cornualles, e logo ''Constantino II'', rei de ''[[Escocia]]'', e ''Owain'', rei de ''Gwent'', e logo Ealdred de Bamburgh". O cronista ''[[Guillerme de Malmesbury]]'' engade ao rei Owain de [[Reino de Strathclyde|Strahtclyde]] entre os reis sometidos.
 
Rexístranse outros eventos similares nas marchas occidentais do dominio de AthelstanAethelstan. Segundo Guillerme de Malmesbury, sometera aos reis do norte de Bretaña (o que implica Gales) en Hereford, onde esixiu un forte tributo. A realidade da súa influencia sobre Gales é subliñada no poema galés Armes Prydein Fawr e pola aparición dos reis galeses como ''subreguli'' nas cartas de 'Αthelstan A'. En forma similar, dirixiu Gales do Oeste (ou sexa Cornish) fóra de [[Exeter]] e estableceu a fronteira entre Inglaterra e [[Cornualles]] ao longo do río Tamar.
 
Aethelstan é considerado como o primeiro rei inglés ''[[De facto|de facto.]]'' Alcanzou éxitos militares considerábeis sobre os seus rivais, incluíndo os [[Viquingo|viquingos]], e estendeu o seu dominio a partes de [[Gales]] e de [[Cornualles|Cornualles.]] A súa vitoria máis grande, sobre unha alianza inimiga que incluía a Constantino II de Escocia, foi a batalla de Brunanburh, no outono de [[937]].
Liña 31:
 
=== Aethelstan e os galeses ===
O reinado de AthelstanAethelstan marca un fito nas esporadicamente inquietas relacións entre anglosaxóns e galeses.
 
Segundo Asser, un monxe de San David, [[Reino de Dyfed|Dyfed]], varios reinos de Gales sometéronse a Alfredo (incluíndo aqueles que serían rexidos polos fillos de [[Rhodri Mawr]]). Non se rexistran batallas entre os ingleses e galeses durante o reinado de Aethelstan, pero algunhas cartas indican que os reis galeses asistían á súa corte, posibelmente ao iren con el en campaña.
Liña 66:
[[Guillerme de Malmesbury]], no entanto, nos seus escritos de principios do [[século XII]], prové maiores detalles. A súa obra mesmo leva á xa desaparecida ''Vita Æthelstani'', pero —como expón o historiador Michael Wood— débese ter coidado neste caso, xa que a súa existencia aínda non foi comprobada e as fontes de Guillerme a miúdo non poden ser verificadas.
 
As fontes documentais son cartas e leis anglosaxoas. Existen numerosas cartas que informan acerca da persoa de Aethelstan e a quen outorgaba terras. A través delas, é posíbel examinar as súas peregrinacións, particularmente entre os anos [[927]] e [[932]] en que todos os diplomas foron bosquexados polo extraordinario escribano coñecido como 'AthelstanAethelstan A'. Existen varios códigos de lei anglosaxóns atribuídos a Aethelstan, un par deles seguen a tradición de Alfredo e Eduardo, os outros son menos 'oficiais', pero non menos reveladores de aspectos da administración de Aethelstan.
 
Existen dispoñíbeis fontes non escritas. As máis útiles son as moedas, que dan a Aethelstan un título que revela o estendida que estaba a súa administración (ou a cuñación) a través de toda Bretaña. Tamén son interesantes os manuscritos e reliquias que o rei coleccionaba e doaba -moitas das cales conteñen notas de detalles das doazóns. As reliquias doadas permitiron coñecer mellor o padroado do rei do culto de San Cuthbert en Northumbria, ao cal doou dous manuscritos que contiñan referencias aos primeiros rexentes ingleses, o Corpus Christi Manuscript.