Peixes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazón
Liña 36:
**** [[Dipnoi]] (pulmonados)
}}
Os '''peixes''' (''Pisces'') son animais [[Vertebrata|vertebrados]], ovíparos, acuáticos e con respiración branquial. A especialidade da zooloxía que se ocupa especificamente dos peixes chámase [[ictioloxía]]. O grupo dos peixes é un [[taxon]] [[parafilético]], é dicir, un caixón de xastre definido pola exclusión dun taxon (os [[tetrápodo]]s) doutro maior (os vertebrados), e non pola posesión de características derivadas comúns. Inclúense nesta definición os [[mixíns]], a [[lamprea]], os [[condrictios]] (ou peixes cartilaxinosos) e os [[osteíctios]] (ou peixes óseos), así coma diversos grupos relacionados extintos. A maioría dos peixes son [[Ectotermia|ectotérmicos]], é dicir, dependen de fontes externas para obter calor, o que provoca que a temperatura do seu corpo varíe segundo a temperatura do ambiente. Algúns dos grandes peixes coma o [[tiburón branco]] e o atún teñen unha temperatura máis alta de seu.<ref>{{Cita publicación periódica|last=Goldman|first=K.J.|title=Regulation of body temperature in the white shark, ''Carcharodon carcharias''|journal=Journal of Comparative Physiology|year=1997|volume=167|series=B Biochemical Systemic and Environmental Physiology|issue=6|pages=423–429|doi=10.1007/s003600050092|url=http://www.mendeley.com/research/temperature-and-activities-of-a-white-shark-carcharodon-carcharias/|accessdate=12 October 2011}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica|last=Carey|first=F.G.|autor2=Lawson, K.D.|title=Temperature regulation in free-swimming bluefin tuna|journal=Comparative Biochemistry and Physiology Part A: Physiology|date=1.|year=1973|volume=44|issue=2|pages=375–392|doi=10.1016/0300-9629(73)90490-8}}</ref> Como é propio dos primeiros vertebrados, son acuáticos e, a diferenza do que observamos nos tetrápodos, a respiración prodúcese por [[branquia]]s situadas nas fendeduras da farinxe. A [[locomoción acuática|locomoción]] baséase nunha forma hidrodinámica, con movementos laterais do corpo auxiliados por extremidades que son aletas.
 
Os peixes son abundantes en tódalas masas de auga da Terra e poden ser atopados en case tódolos ambientes acuáticos, dende as correntes de alta montaña ata as zonas máis profundidades dos océanos. É un grupo moi heteroxéneo con preto de 32.000 especies, máis ca ningún outro grupo de vertebrados.