Rinoceronte de Dürer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
→‎Historia e características: traduzo cita en nota (era unha tradución catalá do orixinal en inglés)
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 17:
O gravado contén inexactitudes [[Anatomía|anatómicas]]. Representa ó animal cuberto de placas duras, coma se tivese unha [[armadura]], e con [[escama]]s nas patas, que o fan semellante a un [[réptil]]. Dürer nunca viu o rinoceronte real, o primeiro exemplar vivo visto en [[Europa]] dende tempos do [[Imperio Romano]]. A finais de [[1515]], o rei de [[Portugal]], [[Manuel I de Portugal|Manuel I]], enviou o animal como agasallo ó [[papa]] [[León X]], pero morreu ó naufragar o [[barco]] que o transportaba cara a costa de [[Italia]], a comezos de [[1516]]. Non se volvería a ver un rinoceronte vivo en Europa até a chegada dun segundo exemplar da [[India]] á corte española de [[Filipe II de España|Filipe II]] contra o [[1579]].<ref>Clarke, capítulo 2. En honor deste animal, que vai ter tamén unha rocambolesca historia, déronlle o nome de '''abada'' (rinoceronte en portugués) a unha rúa de [[Madrid]] [http://callesdemadrid.blogspot.com/2006/11/abada-calle-de-la.html]. Nesta páxina cítase a data de 1583 [http://foros.hispavista.com/cafe_del_congreso/9062/658283/m/curiosiodadeshistoricas/]</ref>
 
Malia as imprecisións anatómicas, o gravado de Dürer tivo unha gran popularidade en Europa e foi copiado en moitas ocasións durante os tres séculos seguintes. Estivo considerado unha representación fiable dun rinoceronte até finais do [[século XVIII]]. Ó cabo, foi substituído por pinturas e debuxos máis [[realismo|realistas]], especialmente do ''rinoceronte Clara'', que foi exhibido por Europa nas décadas de [[1740]] e [[1750]]. Sobre o gravado de Dürer tense dito que: «Probablemente ningunha outra pintura dun animal exerceu unha influencia tan grande nas artes».<ref name="Clarke20">CitatCitado apor Clarke, páx.20.</ref>
 
Os franceses erixiron unha [[escultura]] da obra (na cal se inspirou [[Salvador Dalí]]) e diversos artistas [[barroco]]s incluírono nos seus cadros, sobre todo despois de coñecer rinocerontes reais.