Bretaña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ahi
Liña 73:
==Relixión==
 
Ben antes dos [[Celta]]s, as primeiras poboacións erixiron ahí [[Monumento megalítico|monumentos megalíticos]], como os [[menir]]es e os [[dolme]]s. Non é pacífico que estes monumentos tivesen significado relixioso, mais é moito probable que si. A [[Druída|relixión druídica]] expandiuse coa chegada dos Celtas, tanto na [[Galia]] como nas illas británicas. A dominación da península da Bretaña polos [[Imperio romano|Romanos]] non deixou grandes marcas na relixión destes pobos. Con o fín da Galia romana, as tribos que se establecen na Armórica, vindas da Gran-Bretaña, tracen consigo unha nova relixión – o [[cristianismo]] - que irá suplantar progresivamente as outras crenzas tradicionais. Con todo, o paganismo druídico coexistirá durante moito tempo coa relixión dominante, de forma máis ou menos pacífica. Aínda hoxe existe un grande acervo de lendas e tradicións locais que evocan prácticas relixiosas druídicas. Os cristiáns da Bretaña son, maioritariamente, [[catolicismo|católicos]]. A santa padroeira da Bretaña é Santa Ana, que é presentada pola tradición como a nai da [[Virxe María]], nai de [[Xesús]].
 
==Cultura==