Paros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiños​
m →‎Antigüidade: arranxiños
Liña 33:
 
=== Antigüidade ===
Os primeiros habitantes da illa foron os [[Caria|carios]] que se instalaron alí no [[mesolítico]], sobre o [[-7500|7500]] - [[-6500|6500 a.C.]].
 
Nun illote, entre Paros e [[Antíparos]], os arqueólogos descubriron as máis antigas pegadas de hábitat nas Cícladas ([[-5300]] - [[-4500|4500 a.C.]]). As illas de Paros, Antíparos e Despotico foron ocupadas durante todo o período [[cicládico|protocicladico]] ([[-3200]] - [[-2200]]/[[-2000]]): civilización «Pilou-Lakkoudon», civilización «Keros-Siros», civilización «Filacopí-Polis I» , logo civilización «Filacopí-Polis II».
 
Os [[illa de Creta|cretenses]] dominaron a illa durante a [[civilización minoica|época minoica]]. Fixeron dela un gran porto estratéxico. A lenda conta que o rei [[Minos]] sacrificaba ás Grazas en Paros cando lle informaron do asasinato do seu fillo [[Androgeo]] en [[Atenas]]. El continuou o [[sacrificios relixiosos de Grecia Antiga|sacrificio]], pero rexeitou a coroa que adornaba a súa cabeza e parou as música das frautas rituais. Explícase así o carácter particular dos sacrificios ás Grazas en Paros na antigüidade: sen coroas de flores nin música. [[Androgeo]] tivera dous fillos, Alceo e Esténélo, a quen Minos establecería en Paros cos seus tíos, os fillos que el tivera coa ninfa Paria: Nefalión, Eurimedonte, Criseo e Filolao. É así como a [[mitoloxía grega|mitilogía]] explica a dominación minoica da illa.