O'Bahía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
*repostar: encher, cargar, recargar, abastecer, reabastecer...
Liña 38:
A embarcación d'O Bahía era un buque pesqueiro do cerco. O [[16 de abril]] de [[2004]] partiu do [[porto de Vigo]] con destino ao porto de Pasaia, no [[País Vasco]], coa fin de faenar na costeira da anchoa. A tripulación que levantou áncora de [[Vigo]] estaba composta por 10 tripulantes, entre os que se atopaba un mecánico, oito mariñeiros e o patrón da embarcación.
 
O día [[5 de maio]], após de sufrir danos no seu motor, este tivo que ser substituído. O motivo foi a contaminación do combustíbel do barco ao repostarabastecerse no porto de Pasaia. Dito combustíbel, composto por 2.500 litros de gasóleo, tería sido contaminado con restos hídricos, o que levou a ter que mudar o motor por outro de simulares características. Así, entre o días 20 e 21 de maio, a empresa encargada de realizar as tarefas de mantemento do motor realizou as reparacións oportunas.
 
Ás 12 horas do 27 de [[maio]] dese mesmo ano, o buque comezou o traxecto de retorno a [[Galicia]], após de daren por rematada a faena da [[anchoa]] no País Vasco. Durante o percorrido, decidiu modificar os plans de demanda do porto de Vigo, e establecer unha base provisional na costa lucense, no porto de [[Burela]]. Dita modificación nos plans iniciais veu motivada polas novas sobre a presenza de bancos de [[sardiña]]s no litoral lucense. Deste xeito, o 28 de maio os buques ''O'Bahía'' e o ''Novo Ameixa'' arribaron a Burela ás 14 horas. Durante os días posteriores á chegada a Burela, a embarcación adicouse a faenar nas capturas de sardiña.
 
Finalmente, o día [[2 de xuño]], após de descargar no porto as capturas dos anteriores días, e tras repostarrecargar 2.500 litros de gasóleo, o barco cerqueiro partiu de Burela con destino a Vigo.
 
== Notas ==