El Niño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Poño category en maiúscula
ahi
Liña 1:
'''El Niño''' e '''La Niña''' son alteracións significativas de curta duración (12 a 18 meses) na distribución da [[temperatura]] da superficie da auga do [[Océano Pacífico]], con profundos efeitos no [[clima]]. Estes eventos modifican un sistema de flutuación das temperaturas daquel océano chamado Oscilación Sur e, por esa razón, son referidos moitas veces como OSEN (Oscilación Sur-El Niño – ver embaixo). O seu papel no [[quencimento global|quencimento]] e enfriamento global é unha área de intensa investigación, aínda sen un consenso.
 
El Niño foi orixinalmente recoñecido por [[pesca]]dores da costa oeste da [[América do Sur]], observando as baixas capturas, asociadas á ocorrencia de temperaturas máis altas do normal no [[mar]], normalmente no fín do ano – de ahí a designación, referindosereferíndose ao “Neno Xesús”, relacionado co [[Nadal]].
 
Durante un ano “normal”, ou sexa, sen a existencia do fenómeno El Niño, os [[vento]]s [[alíseo]]s sopran na dirección oeste a través do [[Océano Pacífico]] [[tropical]], orixinando un exceso de auga no Pacífico occidental, de xeito que a superficie do mar é preto de 1/2 metro máis alta nas costas da [[Indonesia]] que no [[Ecuador]]. Isto provoca a [[resurxencia]] de augas profundas, máis frías e carregadas de [[nutriente]]s na costa occidental da América do Sur, que alimentan o [[ecosistema]] mariño, promovendo inmensas poboacións de [[peixe]]s – a pescaría de [[anchoveta]] no [[Chile]] e [[Perú]] xa foi a maior do mundo, cunha captura superior a 12 millóns de toneladas por ano. Estes peixes, pola súa vez, tamén serven de sustento aos paxaros mariños abundantes, cuxas feces depositadas en terra, o [[guano]], serven de materia prima para a industria de [[fertilizante]]s.
 
Cando acontece un El Niño, que ocorre irregularmente en intervalos de 2 a 7 anos, cunha media de 3-4 anos, os ventos sopron con menos forza en todo o centro do Océano Pacífico, resultando nunha diminución da resurxencia de augas profundas e na acumulación de auga máis quente que édo normal na costa oeste da América do Sur e, consecuentemente, na diminución da productividade primaria e das poboacións de peixe.
 
Outra consecuencia dun El Niño é a alteración do clima en todo o Pacífico ecuatorial: as masas de ar quentes e húmidas acompañan a auga máis quente, provocando [[choiva]]s excepcionais na costa oeste da América do Sur e secas na Indonesia e [[Australia]]. Pensase que este fenómeno é acompañado pola deslocación de masas de ar a nivel global, provocando alteracións do clima en todo o mundo. Por exemplo, durante un ano con El Niño, o inverno é máis quente que a media nos estados centrais dos [[Estados Unidos da América|Estados Unidos]], encantoen canto que nos do sur hai máis choiva; por outro lado, os estados do noroeste do Pacífico ([[Oregon]], [[Washington (estado)|Washington]], [[Columbia Británica]]) teñen un inverno máis seco. Os veráns excepcionalmente quentes na [[Europa]] e as secas en [[África]] parecen estar igualmente relacionadas co aparecimento do El Niño.
 
La Niña é o fenómeno inverso, caracterizado por temperaturas anormalmente frías, tamén no fín do ano, na rexión [[Ecuador (xeografía)|ecuatorial]] do Océano Pacifico, moitas veces (mais non sempre) seguindo a un ''El Niño''. Tamén xa foi denominado como “El Viejo” ( ou sexa, a antítese do “neno”) ou aínda o “Anti-El Niño”.
 
===OSEN (Oscilación Sur-El Niño)===
A Oscilación Sur é a flutuación interanual da [[presión atmosférica]] ao nivel do mar no [[Océano Pacífico]], debida a variacións na circulación [[atmosfera|atmosférica]]. Normalmente, os [[vento]]s [[alíseo]]s sopronsopran para sudoeste (no hemisferio sur), levando a auga da superficie do mar aquecida na rexión do [[ecuador (xeografía)|ecuador]] para a costa da [[Indonesia]] e [[Australia]] e, con ela, masas de ar tamén aquecidas. No entanto, a forza dos ventos varía dun ano para outro, provocando diferenzas na [[temperatura]] e [[pluviosidade]] nasdos varios continentes queá ladeianbeira aqueldaquel océano.
 
Aparentemente, estas variacións tamén se rexistran nos restantes océanos, mais ficaron máis coñecidas polas anomaliasanomalías coñecidas polo nome “El Niño”, que foron descobertas no Océano Pacífico. Por esa razón, as anomalias pasaron a ser estudadas en termos de prever a ocorrencia daquel evento e moitas veces usaseúsase a expresión OSEN (Oscilación Sur-El Niño ou [[ENSO]], da expresión en [[Lingua inglesa|inglés]]) como sinónimo do El Niño ou da Oscilación Sur e aplicaseaplícase a anomalias do clima e da circulación mariña en calquer océano – os fenómenos OSEN do [[Océano Atlántico]] ocorren 12-18 meses despois de ocorreren no Pacífico.
 
A Oscilación Sur é acompañada a través do Índice de Oscilación Sur (IOS ou SOI, en inglés), que é a diferenza normalizada entre a presión atmosférica medida no [[Tahití]] (na [[Polinesia Francesa]]) e en [[Darwin]], na Australia. Un valor alto do IOS (grande diferenza de presións) significa ventos máis fortes que a media e normalmente está asociado a unha situación de “La Niña”, ou sexa, auga con temperatura superficial máis fría que a media na costa occidental da [[América do Sur]], e vice-versa.
 
Unha vez que estes fenómenos teñen unha grande influencia no clima, provocando secas ou cheas e, polo tanto, afectando a agricultura e, en xeral, a economía dos países, o estudo da Oscilación Sur e das súas anomalias ou OSEN, ten unha grangrande importancia, non só para a economía mundial, mais tamén para a comprensión dos fenómenos climáticos.
 
===Recursos exteriores á Wikipedia===