Sal común: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m {{CABO}}
Brathxa (conversa | contribucións)
ligazóns
Liña 3:
[[Ficheiro:Laesoe Saltsyderi 2011 ubt-3.JPG|thumb|Sal]]
[[Ficheiro:DeadSeaIsrael5.jpg|thumb|Depósitos de sal no [[mar Morto]]]]
O '''sal común''' é un [[mineral]] composto principalmente por [[cloruro de sodio]] (NaCl), un [[composto químico]] encadrado dentro das [[sal (química)|sales químicas]]. Na súa forma natural é un mineral [[cristalinidade|cristalino]] e coñécese co nome de [[halita]]. O sal atópase en grandes cantidades na [[Auga do mar|auga mariña]], sendo o mineral principal constituínte da mesma, facendo que estes posúan unha media de [[salinidade]] dun 3,5%. O sal é un composto esencial para a vida en xeral, e o [[Sabor salgado|salgado]] é un dos [[sabor]]es básicos dos [[ser humano|humanos]]. Os [[Tecido (bioloxía)|tecidos]] dos [[animais]] conteñen maiores cantidades de sal que os das [[planta]]s. O sal é tamén un dos [[condimento]]s [[alimentación|alimenticios]] máis antigos e comúns, e o [[salgado]] é un método historicamente moi importante para a [[preservación da comida]].
 
Algunhas das primeiras evidencias do procesamento do sal que se coñecen datan de hai uns 8 000 anos, cando os humanos que vivían nunha zona da actual [[Romanía]] fervían augas de [[Manancial|mananciais]] para extraer as sales da mesma, e o comezo da extracción de sal na [[China]] data de aproximadamente o mesmo período. O sal era moi apreciado polos [[pobo hebreo|hebreos]], [[Antiga Grecia|gregos]], [[Imperio Romano|romanos]], [[Imperio Bizantino|bizantinos]], [[hititas]], [[Antigo Exipto|exipcios]] e [[pobo indio|indios]]. O sal era un artigo de comercio moi importante, transportado en barco polo [[mar Mediterráneo]], por estradas construídas especificamente para este propósito e a través do [[Sáhara]] en caravanas de [[camelo]]s. A escaseza e necesidade global do sal levou a varias nacións a disputas e guerras entre elas polo seu control, e é un elemento empregado en varios ritos [[relixión|relixiosos]] ademais de posuír outros significados culturais.
Liña 21:
O sal puido terse empregado no [[comercio]] en conexión co comercio de [[obsidiana]] en [[Anatolia]] na época do [[Neolítico]].<ref>{{cite journal |last1=Golbas |first1=Alper |last2=Basobuyuk |first2=Zeynel |year=2012 |title=The role of salt in the formation of the Anatolian culture |journal=Batman University: Journal of Life Sciences |volume=1 |issue=1 |pages=45–54 |url=http://www.academia.edu/2340259/Anadolu_Kultur_Olusumunda_Tuzun_Rolu-_The_Role_of_Salt_in_the_Formation_of_the_Anatolian_Culture }}</ref> [[Heródoto]] describiu rutas de comercio de sal que atravesaban a actual [[Libia]] no [[século -V|século 5 a.C.]]. Nos primeiros anos do [[Imperio Romano]], construíronse estradas coma a ''[[Via Salaria]]'' para o transporte do sal dende [[Ostia]] ata [[Roma|a capital]].<ref>{{cite news |title=A brief history of salt |url=http://content.time.com/time/magazine/article/0,9171,925341,00.html |newspaper=Time Magazine |date=15 de marzo de 1982 |accessdate=11 de outubro de 2013}}</ref> O sal formaba parte das ofrendas funerarias atopadas en varias tumbas [[Antigo Exipto|exipcias]] do terceiro milenio a.C., xunto con aves e peixes salgados.{{sfn|Kurlansky|2002|p=38}} Dende aproximadamente o 2800 a.C., os exipcios comezaron a exportar peixe salgado ós [[fenicios]] a cambio de [[cedro do Líbano]], [[vidro]] e [[tintura]]s. A súa vez os fenicios comerciaban co sal e peixe salgado exipcio dende [[África do Norte]] por todo o [[mar Mediterráneo|Mediterráneo]].{{sfn|Kurlansky|2002|pp=44}}
O sal empregábase coma [[moeda]] ó sur do [[Sáhara]], e en [[Etiopía]] empregábanse anacos de rochas de sal coma moedas.<ref name="EB" /> Os mercadores do [[século VI]] intercambiaban sal por [[ouro]], e os [[poboPobo Tuaregtuareg|tuaregs]] mantiñan rutas polo Sáhara para o transporte de sal en caravanas.<ref>{{cite web |url=http://www.bradshawfoundation.com/africa/tuareg_salt_caravans/ |title=Tuareg Salt Caravans of Niger, Africa |last=Paolinelli |first=Franco |publisher=Bradshaw Foundation |accessdate=11 de outubro de 2013}}</ref> En [[Gabón]], antes da [[colonización de África|colonización]], os habitantes da costa mantiñan un lucrativo intercambio de sal mariña por outros elementos cos habitantes do interior, que perderon trala chegada do sal en grandes cantidades, aínda que segundo [[Albert Schweitzer]], a data de 1958 o sal mariño era aínda a moeda máis apreciada no interior do país.<ref>{{cita libro|apelidos=Schweitzer|nome=Albert|ligazón-autor=Albert Schweitzer|título=African Notebook|ano=1958|editorial=Indiana University Press|edición=2ª}}</ref>
 
[[Salzburgo]], [[Hallstatt]] e [[Hallein]] atópanse a uns 17&nbsp;km a unha da outra na zona do [[río Salzach]] en [[Austria]], nunha zona cun gran número de depósitos de sal. "Salzach" significa literalmente "río de sal", e Salzburgo significa "castelo de sal", ámbolos dous tomando o seu nome da palabra [[lingua alemá|alemá]] {{lang|de|''Salz''}} (sal), sendo Hallstatt o lugar da primeira [[mina de sal]] da historia.<ref>{{cite web|url=http://www.virtualvienna.net/columns/billie/hallstatt/hallstatt.html |title=Hallstatt's White Gold: Salt |first=Billie Ann |last=Lopez |work=Virtual Vienna Net |accessdate=3 de marzo de 2013 |deadurl=yes |archiveurl=https://web.archive.org/web/20070210142713/http://www.virtualvienna.net/columns/billie/hallstatt/hallstatt.html |archivedate=10 de febreiro de 2007 }}</ref> A vila dálle nome á [[cultura Hallstatt]], que comezou a extraer sal na zona ó redor do ano 800 a.C. Durante o primeiro milenio a.C., as comunidades [[celtas]] medraron grazas ó comercio de sal e carne salgada con [[Antiga Grecia|Grecia]] e [[Roma antiga|Roma]] a cambio de [[viño]] e outros luxos.<ref name="Barber1999"/> O termo "[[salario]]" provén da palabra [[lingua latina|latina]] para o sal. aínda que se descoñece o motivo desta relación. A persistente afirmación moderna que atribúe a súa orixe a que as [[lexión]]s romanas recibían en ocasións pagos en sal non está demostrada e considérase carente de base histórica.<ref>{{cite web | title=Economics of NaCl: Salt made the world go round | work=Mr Block Archive | author=Bloch, David | url=http://www.salt.org.il/frame_econ.html | accessdate=19 de decembro de 2006}}</ref><ref>{{cite web | title=Salt and the evolution of money | author=Bloch, David | url=http://www.salt.org.il/frame_econ.html | work=Mr Block Archive | accessdate=19 de decembro de 2006}}</ref><ref>{{cite news | title=The history of salt production at Droitwich Spa | work=BBC | url=http://news.bbc.co.uk/local/herefordandworcester/hi/people_and_places/religion_and_ethics/newsid_8473000/8473037.stm | accessdate=28 de marzo de 2011 | date=21 de xaneiro de 2010}}</ref><ref>{{cite web|last1=Gainsford|first1=Peter|title=Salt and salary: were Roman soldiers paid in salt?|url=http://kiwihellenist.blogspot.co.uk/2017/01/salt-and-salary.html|website=Kiwi Hellenist: Modern Myths about the Ancient World|accessdate=11 de xaneiro de 2017}}</ref> Pola súa banda, o termo "[[ensalada]]" significa literalmente "salgada", e provén da antiga práctica romana de salgar [[vexetal|vexetais]].{{sfn|Kurlansky|2002|pp=64}}