A semana na cultura popular galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m →‎O domingo: A Pobra de Trives
Liña 182:
No ciclo do '''[[entroido]]''' e a '''[[Pascua cristiá|Pascua]]''' merecen ser mencionadas os seguintes domingos:
* O ''domingo varredoiro'', ''borrallento'', ''fareleiro'' ou ''farelento'' é o domingo de septuaxésima, momento no que comezan as festas do carnaval ou ''entroidadas''. Chámase así porque os mozos botan farelos, feluxe ou borralla ás mozas na roupa e na cabeza.
* Síguelle o ''domingo corredoiro'', ''de corredores'', tamén chamado, enno [[Concello de Cotobade]], ''domingo de chicotes''. Recibe o nome de ''corredoiro'' por ser o día da corrida do galo. É o domingo da sesaxésima, domingo anterior ó de entroido.
** Na [[A Pobra de Trives|Pobra de Trives]], os pais que tiñan fillos na escola acostumaban regalarlle en tal ocasión (no domingo corredoiro) un galo ó mestre. Para escoller o rapaz que llo ía dar, enterraban o galo na terra, coa cabeza fóra, e tapándolle os ollos ós rapaces. Aquel que atopara o galo era quen llo daba ó mestre. [[Vicente Risco]] di que o mesmo costume tiñan en [[Allariz]].
** Noutros lugares era este o día no que se corrían as olas, e de aí o nome de ''domingo oleiro''. En [[Castro Caldelas]] corríanse ''as maulas'', carreira entre veciños atados polas costas.