Historia da Unión Soviética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
*recrudecer: recruar, ( t. aumentar, agravar...)
Liña 87:
No interior, aos desaxustes provocados pola nova orientación económica e á esclerose do aparato [[burocracia|burocrático]] dirixente veu a unirse a oposición de núcleos intelectuais. Os límites do «liberalismo» postestalinista, evidenciados polo arresto dos escritores Daniel e Siniavski ([[1965]]), volveron a manifestarse coa expulsión do [[Premio Nobel de Literatura]] 1970 [[Aleksandr Isaevich Solzhenitsyn]], da Unión de Escritores Soviéticos (novembro de 1969). Nos anos posteriores, unha vez encamiñada a crise interna do campo socialista tralas substitucións de Gomulka por Gierek en [[Polonia]], e de [[Walter Ulbricht]] por Honecker na [[República Democrática Alemá]], a política soviética caracterizouse por unha ofensiva diplomática, apoiada na ''Ostpolitik'' de [[Willy Brandt]] na [[República Federal Alemá]], cuxo principal obxectivo era a futura convocatoria dunha Conferencia Europea de Seguridade. No [[Medio Oriente]] continuou a penetración soviética nos países árabes: acordo militar e político de 15 anos de duración con [[Exipto]] (maio de [[1971]]), acordos comerciais con [[Siria]] (febreiro de [[1972]]), [[Libia]] (marzo de 1972) e [[Iraq]] (abril de 1972). Só a retirada do embaixador do [[Sudán]] na URSS (agosto de [[1971]]), e principalmente a expulsión dos conselleiros militares soviéticos en Exipto (xullo de 1972) puxeron en perigo a influencia da Unión Soviética nesta zona.
 
A URSS apoiou ó [[Vietcong]] e a [[Vietnam do Norte]], pero continuou a súa política de coexistencia e entendemento con [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] (conferencias sobre o desarme; visita de [[Richard Nixon]] a [[Moscova]] en [[1972]]; acordo de colaboración espacial, en agosto de 1972; visitas de Brezhnev a Estados Unidos en xuño de [[1973]] e de Nixon a Moscova en xullo de [[1974]], coa sinatura dun novo acordo de cooperación económica e outro sobre prohibición de ensaios nucleares subterráneos) e cos outros países occidentais. Por outro lado, a visita de Tito a Moscova (xuño de 1972) consolidou a reconciliación entre os dous países e o seu acordo acerca dos problemas de [[guerra de Vietnam|Vietnam]] e do [[Medio Oriente]] e da Conferencia sobre a Paz e a Seguridade en Europa, promovida pola URSS. No interior, o período anterior a 1970 caracterizouse pola relativa amplitude dos conflitos plantexados polos intelectuais soviéticos disidentes con resonancia internacional nalgúns casos, como ocorreu, por exemplo, con Sajarov e Solzhenitsyn. Tamén se produciuagravou un recrudecemento doo problema da minoría [[xudaísmo|dos xudeus]] desexosa de emigrar a [[Israel]], sobre o cal se chegou a un acordo URSS-Estados Unidos en novembro de [[1974]], e agudizáronse algúns conflitos relixiosos, coma o plantexado pola poboación católica en Lituania (maio de 1972), os nacionalistas (reorganización do Partido e os órganos de Goberno en Ucraína en xuño de 1972). En febreiro de [[1976]] celebrouse o XXV Congreso del PCUS, que confirmou e reforzou a hexemonía de Brezhnev; esta afianzouse inda máis ao cesar Podgornyi como presidente del Presídium do Sóviet Supremo (maio de [[1977]]) e asumir este cargo Brezhnev.
 
En outubro de [[1977]] foi promulgada e entrou en vigor unha nova Constitución, na cal se daba por realizada e superada a etapa da «ditadura do proletariado» na URSS e reafirmouse o papel dirixente máximo do PCUS na sociedade soviética. En outubro de [[1980]] [[Kosygin]] dimitiu e [[Tijonov]] converteuse no novo primeiro ministro da URSS. A [[invasión soviética de Afganistán|intervención soviética en Afganistán]] (decembro de [[1979]]) provocou o desenvolvemento dunha nova etapa de tensión na Guerra Fría entre as dúas superpotencias, que se agudizou coa instalación de novas bases de [[mísil]]es en [[Europa]]. No interior, a URSS recrudeceuaumentou a súa represión contra os disidentes e afrontou unha grave crise económica durante 1980.
 
== Os conservadores: Andropov e Chernenko ==
Liña 96:
No internacional, o breve período de goberno de Andropov caracterizouse polo fracaso da estratexia disposta para impedir a instalación dos primeiros «euromísiles» en [[Europa Occidental]] (novembro de [[1983]]), o que provocou a inmediata retirada soviética das negociacións de [[Xinebra]] sobre os euromísiles.
 
Á morte de Andropov ([[9 de febreiro]] de [[1984]]) sucedeulle [[Konstantin Chernenko]], continuador da política de Brezhnev, de quen foi o seu «delfín». Durante o seu goberno, que tamén foi breve, operouse unha volta ó burocratismo paralizante e recrudeceuserecruou o [[antisemitismo]] e a represión contra os intelectuais disidentes.
 
No exterior, o [[Kremlin]] opúxose á participación soviética nos [[Xogos Olímpicos dos Ánxeles 1984]], á visita de [[Honecker]] á [[República Federal Alemá]], a negociar con [[Washington DC|Washington]] e a toda posibilidade de compromiso no conflito de [[Afganistán]]. Esta [[illamento|política de illamento]] experimentou un xiro trala visita do ministro de Relacións Exteriores soviético, [[Andrei Gromyko]], a [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], onde se entrevistou co presidente [[Ronald Reagan]] (setembro de [[1984]]), e a do viceprimeiro ministro, [[Ivan Aryipov]], a China (decembro de 1984). O anuncio do presidente Reagan, trala súa reelección en novembro de 1984, de desenvolver o novo programa militar denominado Iniciativa de Defensa Estratéxica (SDI), coñecido como ''a guerra das galaxias'', determinou á URSS a volver á mesa de negociacións en [[Xinebra]] sobre o control de armamentos ([[12 de marzo]] de [[1985]]).
Liña 108:
No terreo internacional Gorbachov iniciou conversacións sobre o desarme co presidente estadounidense Reagan (novembro de 1985), que culminaron coa sinatura dun acordo para elimina-los mísiles nucleares de alcance intermedio estacionados en Europa (decembro de 1987). A XIX Conferencia do PCUS (xullo de [[1988]]) aprobou un programa de reformas políticas que se plasmou en varias enmiendas á Constitución (decembro de 1988) e na elección, por vez primeira, con candidaturas múltiples, dun Congreso dos Deputados do Pobo, máximo órgano soberano ([[26 de marzo]] de [[1989]]). Os resultados electorais puxeron de manifesto a radicalización popular e a irreversible perda de autoridade do PCUS.
 
A violencia interétnica fíxose endémica en [[Armenia]] e [[Acerbaixán]], por mor da disputa sobre a rexión de Nagomo-Karabah, e recrudeceuserecruou en [[Xeorxia]] a causa da intervención do Exército en contra dos manifestantes en [[Tiflis]] (abril de 1989). A axitación [[nacionalismo|nacionalista]] deu lugar a unha crise de Estado cando [[Lituania]] proclamou a súa independencia ([[11 de marzo]] de [[1990]]), decisión suspendida en xuño ante o bloqueo económico decretado por Moscova.
 
Trala caída do [[Muro de Berlín]] e a caída dos réximes comunistas na Europa Oriental, Gorbachov tentou unha nova ofensiva reformista. O Congreso dos Deputados do Pobo votou outra reforma constitucional que aboliu o monopolio político do PCUS, instaurou un sistema presidencialista e elixiu ao mesmo Gorbachov para o novo cargo de presidente da URSS ([[15 de marzo]] de 1990). As eleccións republicanas e locais (febreiro-maio) constituíron un éxito para os radicais; [[Boris Eltsin]] foi elixido presidente [[Federación Rusa]].