Víctor Lis Quibén: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m + imaxe
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Malia que Lis Quibén naceu en Buenos Aires, a súa familia era orixinaria de [[Cutián, San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade|Cutián]], [[San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade|San Xurxo de Sacos]].
 
Médico de profesión, actividade que exerceu en [[Pontevedra]], militou politicamente na ideoloxía monárquica. Durante a [[ditadura de Primo de Rivera]] foi membro do [[somatén]]. No 1930 foi nomeado rexedor do concello de Pontevedra. Nas eleccións municipais de abril de 1931, obtivo acta de concelleiro polo mesmo municipio, cargo do que foi suspendido en 1932 por implicación no intento de [[golpe de Estado]] do [[José Sanjurjo Sacanell|xeneral Sanjurjo]]<ref>[http://anosdomedo.blogspot.com/2008/03/vctor-lis-quibn.html Cfr. o blog de Xosé Álvarez Castro]</ref>. Nas [[Eleccións a Cortes de 1933 en Galicia|eleccións de 1933]] foi elixido deputado das Cortes pola [[provincia de Pontevedra]] como candidato da [[Unión Regional de Derechas]], que agrupaba dirixentes dos [[Partido Agrario Español|agrarios]] e da [[Confederación Española de Derechas Autónomas|CEDA]]. Nese mesmo ano, porén, contacta con [[José Antonio Primo de Rivera]], quen o encarga da organización da [[Falange Española]] en Pontevedra, mais Lis Quibén abandonou de seguido as súa fileiras, ingresando en 1934 en [[Renovación Española]]. Nas [[Eleccións a Cortes de 1936 en Galicia|eleccións xerais de 1936]] foi elixido novamente deputado das Cortes, nas listas de Renovación Española.