Grafeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*sustancias > substancias.
m Enlace covalente
Liña 2:
O '''grafeno''' é unha substancia formada por carbono puro, con átomos dispostos nun patrón regular hexagonal similar ó [[grafito]], pero nunha folla dun átomo de espesor. É moi lixeiro, unha lámina de 1 metro cadrado pesa tan só 0,77 miligramos.
 
O grafeno é un [[alotropía|alótropo]] do [[carbono]], un [[teselado]] [[hexágono|hexagonal]] plano (como [[panal|panal de abella]]) formado por [[átomo]]s de [[carbono]] e [[ligazónEnlace covalente|ligazóns covalentes]] que se xeneran a partir da superposición dos [[hibridación (química)|híbridos]] [[hibridación (química)|sp<sup>2</sup>]] dos carbonos enlazados.
 
O [[Premio Nobel de Física]] de 2010 outorgóuselle a [[Andre Geim]] e a [[Konstantín Novosiólov]] polos seus revolucionarios descubrimentos sobre o material bidimensional grafeno.<ref>[http://www.publico.es/340050/el-nobel-que-nacio-en-una-papeleria "El Nobel que nació en una papelería"], ''[[Público]]'', 5/10/2010 {{es}}.</ref><ref>[http://nobelprize.org/nobel_prizes/physics/laureates/2010/ Anuncio da Fundación Nobel] {{en}}.</ref>
 
Mediante a hibridación sp<sup>2</sup> explícanse mellor os ángulos de ligazón, a 120°, da estrutura hexagonal do grafeno. Como cada un dos carbonos contén catro [[electrón]]s de [[Valencia atómica|valencia]] no estado hibridado, tres deses electróns alóxanse nos híbridos sp<sup>2</sup>, e forman o esqueleto de [[ligazónEnlace covalente|ligazóns covalentes]] simples da estrutura.
 
O electrón sobrante alóxase nun [[orbital atómico]] de tipo «p» perpendicular ó plano dos híbridos. O [[orbital molecular|solapamento]] lateral de devanditos orbitais dá lugar á formación de orbitais de tipo π. Algunhas destas combinacións propician un xigantesco [[método de orbitais moleculares como unha combinación lineal de orbitais atómicos|orbital molecular]] deslocalizado entre todos os átomos de carbono que constitúen a capa de grafeno.
 
O nome provén de intercambio -no vocábulo grafito- de [[sufixo]]s: «ito» por «eno»: propio dos carbonos con [[LigazónEnlace dobre|ligazóns dobres]]. En realidade, a estrutura do [[grafito]] pode considerarse unha pila de gran cantidade de láminas de grafeno superpostas.<ref>Murray Tortarolo, G. e Murray Prisant, G. (xullo 2012). Grafeno: A seguinte revolución tecnolóxica? ''Como ves? Revista de Divulgación da Ciencia da Universidade Nacional.'' Ano 14, no. 164, pp. 22-25. ISSN 1870-3186.</ref> As ligazóns entre as distintas capas de grafeno apiladas débense a [[forzas de Van der Waals]] e interaccións dos [[orbital molecular|orbitais π]] dos átomos de carbono.
 
[[Ficheiro:Capas_grafito.svg|200px|miniatura|Estrutura cristalina do grafito. Ilústranse as interaccións das diversas capas de [[composto aromático|aneis aromáticos]] condensados.]]