Ácido desoxirribonucleico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 312:
=== Reacción en cadea da polimerase (PCR) ===
{{Artigo principal|Reacción en cadea da polimerase}}
A reacción en cadea da polimerase, xeralmente coñecida polas súas siglas en inglés como PCR, é unha técnica de [[bioloxía molecular]] descrita en [[1986]] por [[Kary Mullis]],<ref name="Bartlett & Stirling">[http://biomed.humanapress.com/index.php?option=com_opbookdetails&task=chapterdetails&chapter_code=1-59259-384-4:3&category=biomedprotocols Bartlett & Stirling (2003)—A Short History of the Polymerase Chain Reaction. In: Methods Mol Biol. 226:3-6]</ref> cuxo obxectivo é obter un gran número de copias dun fragmento de ADN dado, partindo dunha escasa cantidade inicial. Para iso, emprégase unha [[ADN polimerase]] termoestable que, en presenza dunha mestura dos catro [[desoxirribonucleótido|desoxinucleótidos]], un [[solución tampón|tampón]] da forza iónica axeitada e os [[catión]]s precisos para a actividade do encima, dous oligonucleótidos (denominados cebadores ou ''primers'') complementarios dunha parte da secuencia (situados a distancia suficiente e en dirección [[antiparalelo (bioquímica)|antiparalela]]) e baixo unhas condicións de temperatura adecuadas, controladas por un aparello denominado [[termociclador]], xera exponencialmente novos fragmentos de ADN semellantes ao orixinal e acoutados polos dous cebadores.<ref name="watson" />
 
A PCR pode efectuarse como unha técnica de punto final, é dicir, como unha ferramenta de xeración do ADN desexado, ou como un método continuo, no que se avalíe dita polimerización a tempo real. Esta última variante é común na [[PCR cuantitativa]].<ref name="griffiths" />