Estados Pontificios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 87:
O rei franco realizou dúas incursións en Italia, forzou aos longobardos a abandonaren o asedio de Roma e obrigounos a devolver as súas conquistas. Finalizado o conflito, os territorios situados na [[Romaña]] e as [[Marcas]] non foron restituídos ao control de [[Bizancio]], senón que foron conferidos ao papa —''[[doazón de Pipino]]'', no ano [[756]]—, como lexitimo representante do poder imperial. Este tratado destrúe aos longobardos, e pola súa vez permitiu a constitución do Estado Pontificio independente de todo poder temporal e base do futuro poder da Igrexa.
 
Pero os Estados da Igrexa non se orixinan ata o pontificado de Estevo III, contra [[752]]. A titoría do [[imperio Bizantino]] sobre Roma e a súa sede pontificia estaba declinando desde principios do [[século VIII]].
 
O distanciamento respecto ao [[imperio de Oriente]] fíxose cada vez máis patente e profundo con visos de auténtica ruptura, como cando o papa [[Constantino, papa|Constantino]], enfrontándose ao emperador [[Filípico|Filípico Bardanes]], ao que acusou de [[herexe]], chegou a dirixir as súas armas contra o [[Títulos e cargos do Imperio Bizantino|exarca]] bizantino. Naquel clima de tensión, sendo de temer a ofensiva do [[longobardo]] [[Aistolfo]] contra Roma tras terse apoderado este de [[Rávena]], o papa Estevo acode, en demanda de socorro, aos [[francos]]. O seu rei, [[Pipino o Breve]], préstallo mediante o [[Tratado de Quierzy]]. A intervención dos francos calmou a Astolfo, quen aceptou traspasar Rávena á ''República Romana''. Pero retirados aqueles, o rei longobardo incumpriu o seu compromiso e, por riba, puxo sitio a Roma. Nova chamada do papa ao recente protector franco e nova acción deste no seu auxilio. Sometidos, por fin, os longobardos coa intervención de Pipino, este fixo entrega ao papa do antigo [[exarcado de Rávena]] ([[Rávena]], [[Ferrara]], [[Boloña]], ...), da [[Pentápole]] (bispados de [[Rímini]], [[Pesaro]], Fano, Senigallia e [[Ancona]]) e da rexión de Roma, conferindo ao sumo pontífice o dominio temporal dun estado que, con algunhas variacións xeográficas, había de perdurar durante máis de once séculos, ata [[1870]]. Porén, nun intento de extraer maior proveito político, Estevo III exhibiu un apócrifo documento convenientemente falsificado pola propia ''[[Vaticano|Curia]]'' romana, e supostamente achado tres anos antes, que deu logo en chamarse ''«[[Doazón de Constantino]]»''. Segundo este simulado protocolo (de cuxa falsidade hoxe non existe ningunha dúbida, pois xa quedou demostrada no [[século XV]]), [[Constantino I o Grande]] cedería ao papa [[Silvestre I, papa|Silvestre I]], para si e os seus sucesores, non xa o palacio de [[San Xoán de Latrán|Latrán]], o que en efecto fixo, senón a posesión de toda [[Italia]] e a dignidade imperial. Pipino non caeu na trampa da ambición papal.