Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios
[[Ficheiro:Willem Einthoven ECG.jpg|left|miniatura|O electrocardiógrafo de Einthoven]]
 
O 6 de maio de 1925, Henry Souttar, en Londres, fixo a primeira [[comisurotomía]] mitral de corazón pechado{{sfn|Gorny|pp=311-312|Gorny}}, pero o seu traballo pasou practicamente desapercibido e irrepetible. Entre 1931 e 1952, ano en se utilizou a [[hipotermia]] para as primeiras intervencións de cirurxía mitral, eran moitas as dificultades para os futuros [[cirurxián cardíaco| cirurxiáns cardíacos]].{{sfn|Gorny|pp=313-325|Gorny}} A partir de 1955, poderíase, finalmente, dispoñer dunha máquina de [[circulación extracorpórea]], o que cambiou radicalmente a [[cirurxía]] cardíaca.{{sfn|Gorny|pp=326-353|Gorny}} O 3 de decembro de 1967 [[Christiaan Barnard]] realizou o primeiro [[transplante de corazón|transplante cardíaco]], que non surtiu os efectos desexados (o paciente sobreviviu soamente 19 días, e morreu de [[septicemia]]), pero pouco despois, o 2 de xaneiro de 1968 o doutor Barnard operou un compañeiro: neste caso, o [[seguimento]] posoperatorio durou máis de 19 meses.{{sfn|Gorny|p=352|Gorny}} A propósito da intervención de Barnard, Gorny comentou no seu tratado de historia da cardioloxía:
{{cita|"Para a opinión pública o inimaxinable fíxose realidade: desmoronárase un mito.{{sfn|Gorny|p=353|Gorny}}"}} Esta declaración refírese ao escrito do autor, cando, no inicio do seu traballo, reporta que o corazón para os occidentais era considerado un órgano "mítico" e misterioso.{{sfn|Gorny|pp=11-12|Gorny}}
 
O corazón actúa de forma semellante a unha [[bomba hidráulica]], facendo o [[sangue]] [[hemodinámica|circular]] continuamente no [[sistema cardiovascular]]. O sistema cardiovascular divídese en dous circuítos distintos: a [[circulación pulmonar]], que transporta o sangue para os pulmóns onde se dan os intercambios gasosos, e a [[circulación sistémica]], que fornece sangue a todos os órganos do corpo, incluíndo aos pulmóns e ao propio corazón.{{sfn|Saladin|2016|pp=540-541}}
 
O corazón esquerdo irriga a circulación sistémica, bombeando sangue arterial rico en [[osíxeno]] para a maior [[arteria]] do corpo, a [[arteria aorta]]. A aorta ramifícase en numerosas arterias que levan o sangue a todas as células do corpo. Nas células, o sangue libera osíxeno e nutrientes e recolle [[dióxido de carbono]] e outros [[Metabolismo|residuos metabólicos]]. O sangue venoso, pobre en osíxeno, regresa ao corazón a través das [[vea]]s.{{sfn|Saladin|2016|pp=540-541}}<ref name="CNX2014"/><ref name="britannica">{{Cita web |url=https://www.britannica.com/science/heart |título=Heart |publicación=[[Enciclopedia Britannica]] |data=10 de xaneiro de 2017 |dataacceso=29 de xuño de 2017}}</ref><ref name="CNX2014"/>
 
O corazón dereito irriga a circulación pulmonar. A aurícula dereita recibe o sangue venoso da circulación sistémica, pobre en osíxeno. De aí pasa ao ventrículo dereito, onde é bombeado para a [[arteria pulmonar]] e entra na circulación pulmonar. Nos pulmóns, o sangue libera dióxido de carbono e recibe o osíxeno inhalado polo [[sistema respiratorio]]. O sangue rico en osíxeno regresa entón ao corazón esquerdo polas [[Vea pulmonar|veas pulmonares]]. Entra pola aurícula esquerda e de aí pasa ao ventrículo esquerdo, onde é novamente bombeado para a circulación sistémica, repetíndose o ciclo. As [[#Válvulas|válvulas cardíacas]] fan que o sangue flúa en sentido único e axudan a manter a presión necesaria.{{sfn|Saladin|2016|pp=540-541}}<ref name="britannicaCNX2014" /><ref name="CNX2014britannica" />
 
===Localización e morfoloxía===
[[Ficheiro:Real-time MRI - Thorax.ogv|miniatura|[[Imaxe por resonancia magnética|IRM]] en tempo real do corazón humano]]
[[Ficheiro:Heart_near.png|miniatura|esquerda|upright|O corazón humano está no medio do tórax, co seu ápex apuntando cara á esquerda.<ref>{{cite web|url=http://www.bartleby.com/107/284.html |title=Gray's Anatomy of the Human Body – 6. Surface Markings of the Thorax |publisher=Bartleby.com |accessdate=2010-10-18}}</ref>]]
O corazón humano está situado no [[mediastino]], á altura das [[vértebra torácica|vértebras torácicas T5-T8]]. Está envolvido por um saco con dúas membranas denominado [[pericardio]].<ref>{{cite book|first1=William Alexander Newma|last1=Dorland's|title=Dorland's Illustrated Medical Dictionary|date=2012|publisher=Elsevier Health Sciences|isbn=978-1-4160-6257-8|page=1461|edition=32nd}}</ref> A superficie posterior do corazón encóntrase adxacente á [[columna vertebral]], e a superficie anterior encóntrase adxacente ó [[esterno]] e ás [[costela]]s.<ref name="CNX2014"/> A parte superior do corazón é o punto de fixación de varios vasos sanguíneos de grandes dimensións, que son as [[veas cavas]], [[aorta]] e [[Arteria pulmonar|tronco pulmonar]]. A parte superior do corazón atópase á altura da terceira cartilaxe costal.<ref name="CNX2014"/> O extremo inferior do corazón, o ápex cardíaco, atópase á esquerda do esterno, a aproximadamente 8 a 9 &nbsp;cm da [[liña medio-esternal]], entre a unión das cuarta e quinta vértebras, próximo da articulación coas respectivas cartilaxes costais.<ref name="CNX2014"/>
 
Normalmente, a maior parte do corazón está lixeiramente desprazado cara á esquerda do tórax, aínda que moi raramente poida estar [[dextrocardia|desprazado cara á dereita]]. A percepción de que se atopa no lado esquerdo é ampliada polo feito de que o corazón esquerdo é a parte máis grande e máis forte, xa que ten a función de bombear o sangue a todo o corpo. Como o corazón está entre os [[pulmón|pulmóns]]s, o pulmón esquerdo é menor que o pulmón dereito e o seu bordo ventral presenta unha concavidade para acomodar o corazón que é a incisura cardíaca.<ref name="CNX2014"/>
 
O corazón ten forma cónica, coa súa base orientada cara arriba e o ápex cara á parte inferior do corpo.<ref name="CNX2014"/> Un corazón adulto ten unha masa de 250 a 350 gramos.<ref>{{cite web|last1=Bianco|first1=Carl|title=How Your Heart Works|url=http://health.howstuffworks.com/human-body/systems/circulatory/heart1.htm|website=HowStuffWorks|accessdate=14 de agosto de 2016}}</ref> O corazón ten normalmente o tamaño dun puño: 12&nbsp;cm de lonxitude, 8&nbsp;cm de ancho, e 6&nbsp;cm de grosor.<ref name="CNX2014"/> [[Atleta]]s ben adestrados poden ter corazóns máis grandes debido ao efecto dos exercicios sobre o músculo cardíaco, similar á resposta do [[músculo esquelético]].<ref name="CNX2014"/>
=== Inervación ===
{{VT|Sistema nervioso autónomo}}
O corazón é inervado por un gran número de fibras nerviosas autónomas que no seu conxunto se chaman [[plexo cardíaco]].{{sfn|Testut e Latarjet|p=604|Testut-Latarjet}} No plexo cardíaco poden distinguirse [[nervio|nervios]]s que se atopan en dous planos diferentes principais, o primeiro está entre o [[arco aórtico]] e a superficie frontal da [[arteria pulmonar]] dereita, e constitúe a parte ventral ou superficial do plexo, mentres que o segundo está entre a superficie posterior do arco aórtico e a superficie anterior da [[traquea]] e [[bronquio]]s principais dereito e esquerdo e denomínase parte dorsal ou profunda.{{sfn| Anastasi||}}
 
En adición a estas dúas porcións do plexo cardíaco é tamén distinguido un plexo coronario dereito que está formado por nervios do plexo cardíaco profundo que seguen nas inmediacións da [[arteria coronaria dereita]] e que inervan o corazón dereito e o plexo coronario esquerdo, máis extenso do que o dereito, formado polo prolongamento dos nervios da parte esquerda do plexo cardíaco profundo, o cal segue a [[arteria coronaria esquerda]] inervando principalmente o corazón esquerdo. Porén, non faltan ligazóns entre os dous plexos coronarios.{{sfn| Anastasi||}}
Normalmente, as arterias transportan o sangue osixenado (sangue arterial) para ser distribuído aos tecidos, mentres que as veas transportan o sangue desosixenado (sangue venoso) proveniente dos tecidos que consumiron o osíxeno. Como se pode notar, a excepción é a [[arteria pulmonar]] que transporta sangue venoso, non osixenado, car ós pulmóns e as [[vea pulmonar|veas pulmonares]], que transportan ao corazón o sangue arterial (osixenado) proveniente dos pulmóns.{{sfn|Silverthorn|p=424-426|Silverthorn}}
 
A circulación coronaria é considerada especial: das arterias epicárdicas orixínanse unha extensa rede de arterias intramurais, [[arteríola|arteríolas]]s e [[capilar|capilares]]es. Dada a elevada demanda de osíxeno do miocardio, a rede capilar corresponde a aproximadamente o 15% da masa total do corazón{{sfn| Hurst|p=99-101|Hurst}} e iso facilita o intercambio de substancias nutricionais para os [[miocito]]s e dos residuos que expulsan estes, que son recollidos nunha rede de [[vea|vénulas]] intramurais e desde ests son transportados a grandes veas epicárdicas e considerable capacidade. A maior parte do sangue venoso do ventrículo esquerdo corre no [[seo coronario]] e de alí á aurícula dereita.{{sfn| Hurst|p=99-101|Hurst}} O resto da drenaxe ocorre a través das [[veas de tebesio]] e da vea cardíaca anterior, que drenan nas cámaras cardíacas dereitas.{{sfn| Hurst|p=99-101|Hurst}}
 
[[Ficheiro:SinusRhythmLabels-gl.svg|miniatura|Esquema dun [[electrocardiograma]]]]
No electrocardiograma, a [[onda P]] corresponde á contracción das aurículas e o [[complexo QRS]] á contracción dos ventrículos.{{sfn|Silverthorn|p=407-408|Silverthorn}}
 
Durante o [[sono]] o corazón bombea 5 [[Litro|litroslitro]]s de [[sangue]] por minuto, mentres que durante unha actividade física moderada a cantidade duplícase. Para unha actividade física forte ou unha vigorosa actividade deportiva o corazón chega a bombear 20 litros por minuto. En repouso, a presión normal non debe ser superior a 130/80 mmHg, aínda que valores máis baixos son igualmente considerados normais, sempre que sexan ben tolerados polo individuo. Só no caso de patoloxías cardiovasculares, os valores da presión mantéñense por baixo dos 130/80 mmHg.{{sfn|Silverthorn|p=415-431|Silverthorn}}
 
[[Ficheiro:Wiggers Diagram-gl.svg|miniatura|Diagrama de Wiggers]]
[[Ficheiro:2023 ECG Tracing with Heart ContractionN.jpg|miniatura|esquerda|A onda P (2), o intervalo PR (3), o complexo QRS (4), o intervalo QT (5), a onda T (6) e o retorno ao punto isoeléctrico (1) e o trazado do ECG están correlacionados a eventos eléctricos e mecánicos da contracción cardíaca. Cada segmento corresponde a un evento do ciclo cardíaco. Os compoñentes individuais do trazado do elettrocardiograma están evidenciados e corresponden ós eventos eléctricos, demostrando a relación entre estes e a contracción do músculo cardíaco.]]
 
Durante a diástole todo o corazón está relaxado, permitindo que o sangue flúa nas catro cavidades. O sangue flúe a partir das veas cavas para a aurícula dereita e das veas pulmonares para a aurícula esquerda. As [[válvula cardíaca| válvulas cardíacas]] ábrense simultaneamente e permiten o paso do sangue das aurículas aos ventrículos. A diástole dura uns 0,4 [[segundo| segundos]]s, o suficiente para permitir que os ventrículos se enchan case por completo.{{sfn| Silverthorn|p=408-413|Silverthorn}}
 
A sístole comeza cunha contracción das aurículas, cunha duración de aproximadamente 0,1 segundos, o que determina o enchemento completo dos ventrículos. Así, os ventrículos contráense durante aproximadamente 0,3 segundos. A súa contracción pecha as válvulas atrioventriculares e abre as [[vávula semilunar|válvulas semilunares]]; o sangue pobre en osíxeno é empurrado cara aos pulmóns, mentres que o sangue rico en osíxeno diríxese a todo o corpo a través da aorta.{{sfn| Silverthorn|p=408-413|Silverthorn}}
 
== Enfermidades ==
As [[Doenza cardiovascular|doenzas cardiovasculares]] son a causa máis importante de morte a nivel mundial. As enfermidades do corazón que globalmente representan un problema de saúde máis importante son a [[cardiopatía isquémica]] e a [[insuficiencia cardíaca]].
 
A cardiopatía isquémica débese á diminución do fluxo sanguíneo que recibe o corazón a través das arterias coronarias como consecuencia da [[arteriosclerose]], dentro da cardiopatía isquémica inclúese a [[anxina de peito]] e o [[infarto de miocardio]]. Os principais factores de risco coñecidos son o [[tabaquismo]], a [[obesidade]], a [[diabetes mellitus]], cifras elevadas de colesterol e [[hipertensión arterial]].<ref name=Harrisons>{{cita libro|last1=Longo|first1=Dan|last2=Fauci|first2=Anthony|last3=Kasper|first3=Dennis|last4=Hauser|first4=Stephen|last5=Jameson|first5=J.|last6=Loscalzo|first6=Joseph|título=Harrison's Principles of Internal Medicine|data=11 de agosto de 2011|editorial=McGraw-Hill Professional|isbn=978-0-07-174889-6|páxina=1811|edición=18}}</ref>
 
A insuficiencia cardíaca é a consecuencia final da maior parte das enfermidades do corazón, pode ser aguda ou crónica, esta última é un trastorno de longa duración que aparece con descompensacións ou agravamentos periódicos e constitúe unha causa importante de mortalidade e ingreso hospitalario.<ref name=Harrisons/>
# doenzas do endocardio de orixe diversa, a máis común é a [[endocardite infecciosa]];
# lesións das válvulas cardíacas [[estenose valvular]] ou [[insuficiencia valvular]] secundarias a doenzas reumáticas, como [[cardíopatia reumática]] ou [[trauma torácico]];
# disturbios da parte eléctrica: dende [[arritmia|arritmias]]s a [[bloqueo auriculoventricular|bloqueos auriculoventriculares]].
 
=== Anomalías conxénitas ===
A abordaxe terapéutica máis inmediata para o corazón, como para o resto dos nosos aparatos e órganos, é de tipo [[farmacoloxía|famacolóxico]].
 
As categorías de medicamentos utilizados en cardioloxía son [[bloqueador beta-adrenérxico|bloqueadores beta-adrenérxicos]]{{sfn|Opie|pp. 9-10|Opie}}, os [[antiarrítmico|antiarrítmico]]s{{sfn|Opie|pp. 302-360|Opie}}, os [[Anticoagulante|anticoagulantesanticoagulante]]s{{sfn|Opie|pp. 367-430|Opie}}, os [[Antihipertensivo|antihipertensivosantihipertensivo]]s{{sfn|Opie|pp. 249-295|Opie}}, as [[estatina]]s {{sfn|Opie|pp. 439-475|Opie}}, os [[diurético]]s{{sfn|Opie|p. 105|Opie}} e outras categorías de fármacos como os [[bloqueadores das canles de calcio]].{{sfn|Opie|pp. 70-99|Opie}}
 
Non sempre as patoloxías poden beneficiarse só da [[terapia|terapia médica]] e por esta razón o tratamento require [[terapia cirúrxica]], que é moitas veces a única solución para problemas cardiolóxicos.
 
== Breves notas de anatomía comparada ==
Nos [[vertebrado]]s, o [[sistema circulatorio]] presenta unha complexidade crecente dende os [[peixe|peixes]]s aos [[mamífero]]s, e as modificacións que sufriu ao longo da [[evolución]] están relacionadas co desenvolvemento dun [[sistema respiratorio]]<ref name=Sapere>{{cita web|url=http://www.sapere.it/sapere/strumenti/studiafacile/biologia/Organizzazione-e-funzioni-degli-organismi/Circolazione-e-respirazione/L-apparato-respiratorio.html|título=Apparato respiratorio nei vertebrati|dataacceso=22 de agosto de 2014}}</ref> cada vez máis eficiente.
 
Nos [[peixe|peixes]]s o corazón está constituído por unha soa aurícula, que recolle o sangue pobre en osíxeno proveniente de todo o corpo, e un só ventrículo, que recolle o sangue procedente da aurícula: pero existe un seo venoso no que desembocan as [[vea|veas]]s e un bulbo arterial no inicio das [[arteria|arterias]]s, polo que as cámaras son realmente catro.<ref name=Sapere/>
 
[[Ficheiro:Two chamber heart.svg|miniatura|esquerda|Cámara do corazón dos peixes]]
381.175

edicións