Lomografía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
cambio a lomografía por outra máis simple e clara
m →‎top: Arranxos varios, replaced: custe → custo
Liña 4:
A '''lomografía''' é un fenómeno fotográfico de culto estendido a nivel mundial. Os seus inicios débense a dous estudantes austríacos de viaxe en [[Praga]] no ano [[1991]] que encontraron nun mercado algunhas cámaras compactas da marca [[LOMO]] modelo [[Lomo LC-A]]. A sigla é un [[acrónimo]] que identifica o seu lugar de orixe: ''Leningradskoye Optiko-Mekhanicheskoye Obyedinenye''.
 
As características particulares desta cámara fotográfica compacta encóntranse no [[obxectivo]] xa que cunha [[focal]] de 32  mm se poden asimilar a un [[gran angular]] medio. O [[obxectivo]], proxectado por un enxeñeiro óptico soviético é copia do [[Minotar 32]], montado sobre a [[Minox]], é máis, a propia [[LOMO]] é unha copia da cámara [[Minox]]. A particularidade do [[obxectivo]] consiste sobre todo na súa relativa luminosidade (f:2,8), que unida ás pequenas dimensións da [[Lente (óptica)|lente]] ofrece imaxes extremadamente saturadas e cun viñeteado de subexposición ó redor, o que crea unha especie de efecto "túnel". Dado o seu baixo custecusto orixinal estaba moi difundida na antiga [[URSS]]. Os dous estudantes austríacos, movidos pola súa afección fotográfica, a pesar de recoñecer os seus defectos considerárona moi interesante e sobre todo incontrolable por parte dos profesionais da [[fotografía]]. Co emprego desta cámara inician un fenómeno que, despois de varios anos, se estendeu por todo o mundo coa creación de [[Lomoembaixadas]], [[Lomomisións]] e [[Lomoconcursos]].
 
Debido á súa popularidade, as cámaras seguiron chegando ás tendas de fotografía, inda que non a prezos soviéticos, existindo novas variacións sobre a orixinal producidas en diferentes países como [[Rusia]] ou [[China]]. A filosofía da Lomografía pódese condensar nesta frase: "¡NON PENSES, DISPARA!"