N-525: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
WiKorunna (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
WiKorunna (conversa | contribucións)
m →‎Historia: ligazóns internas
Liña 12:
 
==Historia==
Este traxecto foi a vía tradicional de paso do camiño real desde Ourense cara a [[Castela e León|Castela]] a través da comarca de [[Seabra]]. En varios tramos discorre paralela á [[Vía da Prata]] do [[Camiño de Santiago]]. Entre [[Rionegro del Puente]] e [[Ourense]] correspóndese coa vella [[estrada Villacastín-Vigo]]. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das [[estradas nacionais de España]], estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).
 
Actualmente está caendo en desuso debido á autovía [[A-52]] (Benavente - [[Vigo]]) e á autoestrada [[Autoestrada Central Galega|AP/AG-53]] (Ourense - Santiago de Compostela). Comparte parte do seu camiño coa estrada [[N-640]] entre [[Lalín]] e [[Chapa, Silleda|Chapa]].
 
En [[1975]] construíuse a variante de [[Padornelo, Lubián|Padornelo]] e [[A Canda, A Vilavella, A Mezquita|A Canda]], que facilitaba o paso da Portela da Canda, entre a provincia de [[Provincia de Zamora|Zamora]] e a de [[Provincia de Ourense|Ourense]]. Esta variante acurtaba o traxecto de 21 a 11,5 [[Quilómetro|km]]. O tramo vello da estrada consérvase co nome de [[ZA-106]]. Nesa mesma época construíuse o viaduto do [[río Mente]], no concello de [[Riós]], no que estaba previsto un encoro que non se chegou a construír. O tramo vello neste lugar consérvase co nome de [[OU-142]], aínda que non ten saída<ref>"El túnel de La Canda tiene 600 metros y evita 60 curvas", artigo en ''La Voz de Galicia'', 23 de decembro de 1975 {{es}}.</ref>. Tamén por entón construíuse a variante do [[O Viso, Cudeiro, Ourense|Viso]], evitando o paso por varias aldeas de [[Cudeiro, Ourense|Cudeiro]] e [[Gustei, Coles|Gustei]]. O tramo vello consérvase co nome de [[OU-150]].
 
Nesta vía, á altura de [[Colinas de Trasmonte]], morreu en [[1976]] a cantautora [[Cecilia (cantante)|Cecilia]] cando volvía dun concerto en [[Vigo]].
 
==Puntos de paso==