Militar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 50:
Os [[carro de combate|carros de combate]] e outros equipos pesados, por exemplo os [[Vehículo blindado de combate|AFV]], [[avión de guerra|avións de guerra]] e [[barco]]s son característicos das forzas militares organizadas.
 
Durante a [[Primeiraprimeira Guerraguerra Mundialmundial]] a necesidade de romper o estancamento das [[trincheira|trincheiras]] provocou o rápido desenvolvemento de moitas novas tecnoloxías, en particular dos [[tanque]]s e da [[aviación militar]]. A aviación foi amplamente utilizada, e en particular os [[bombardeiro]]s durante a [[Segunda Guerra Mundial]], que marcou o período máis frenético de desenvolvemento de armas da historia. Moitos novos deseños e conceptos foron utilizados en combate, e todas as tecnoloxías existentes melloráronse significativamente entre 1939 e 1945.
 
Durante a guerra fixéronse adiantos significativos en [[comunicación militar]] a través do uso da radio, en [[intelixencia militar]] mediante o uso do [[radar]], e en [[medicina militar]] mediante o uso da [[penicilina]], mentres que no aire observáronse por primeira vez [[mísil]]s, [[Avión a reacción|avións a reacción]] e [[helicóptero]]s. Quizais a máis famosa de todas as tecnoloxías militares foi a creación da [[bomba atómica]], aínda que os efectos da [[radiación]] permaneceron descoñecidos ata a década de 1950. O moi elevado uso de [[vehículos militares]] finalmente eliminou a cabalaría da estrutura do exército.
Liña 56:
[[Ficheiro:USAF F-15C fires AIM-7 Sparrow.jpg|miniatura|Un [[mísil aire aire]] [[AIM-7 Sparrow]] de medio alcance, tirado desde un [[F-15 Eagle]]]]
 
Despois da Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial, co inicio da [[Guerra Fría]], o constante desenvolvemento tecnolóxico de novas armas foi institucionalizado, con varios estados comprometidos nunha constante [[carreira armamentista]] no desenvolvemento de novas capacidades para a guerra. Este constante estado de desenvolvemento de armas continúa actualmente, e segue sendo unha sangría constante dos recursos nacionais, en parte debido ao chamado [[complexo militar e industrial]].
 
Os adiantos tecnolóxicos máis importantes que influíron no combate foron os mísiles guiados que son utilizados por tódolos servizos. Máis recentemente, a tecnoloxía da información e o seu uso na vixilancia, incluídos os sistemas de recoñecemento baseados no espazo, exerceron un papel cada vez máis grande nas operacións militares.