Militar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Notas: +trad. ca.wiki
Liña 18:
 
Pero o militar, entendido como a persoa que fai da milicia a súa profesión, xurdiu en Europa durante o [[Renacemento]], coa aparición dos [[exército]]s profesionais ao servizo dos novos [[idade moderna|estados modernos]], consolidándose durante os séculos [[Século XVII|XVII]] e [[Século XVIII|XVIII]]. A posterior creación das escolas militares fixo que o exercicio das armas tomase un aire netamente profesional.
 
== Historia militar ==
[[Ficheiro:A CO 1-18IN 2BDE 1ID on patrol Iraq Nov 2004.jpg|miniatura|225px|Soldados americanos patrullando en Iraq.]]
[[Ficheiro:Matelots.jpg|miniatura|225px|Mariñeiros franceses.]]
{{AP|Historia militar}}
 
A miúdo, considérase como historia militar á historia de todos os [[conflito]]s, non soamente a historia dos estados militares. A diferenza respecto da [[historia da guerra]] radica en que a historia militar céntrase máis nas persoas e as institucións, mentres que a historia da guerra trata a evolución da guerra en si mesma, vista como evolución en [[tecnoloxía]], [[goberno]]s e [[xeografía]]. A historia militar ten unha serie de propósitos, entre eles por exemplo aprender de situacións e erros do pasado para poder realizar un labor bélico máis efectivo no futuro, crear un sentimento de [[tradición militar]] para crear forzas militares cohesionadas ou aprender a [[Paz|previr a guerra]] dunha forma eficaz. O coñecemento humano en materia militar baséase amplamente na [[historia oral]] e [[Historia|escrita]] dos [[Guerra|conflitos militares]], os [[exército]]s e [[armada|armadas]] participantes, e máis recentemente, as [[forzas aéreas]].
 
Os historiadores profesionais normalmente concéntranse nos feitos militares que tiveron un maior impacto nas sociedades que se viron envoltas, mentres que os historiadores afeccionados prestan máis atención a detalles das batallas, equipamento ou uniformes. Os historiadores encárganse de narrar estes acontecementos, mediante escritos ou outras formas.<ref>{{cita web|autor=JSR Group |url=http://military-challenge.com/us-military-lapel-pins.php |título=VOS Military Lapel Pins by Jewelry Designers Resource Center |editor=Military-challenge.com |data= |dataacceso=2012-08-17}}</ref>
 
== Notas ==