Militar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
xa non é curto
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 7:
 
== Historia ==
A figura do guerreiro xa está presente na [[prehistoria]], no inicio das [[sociedade]]s humanas, así como os enfrontamentos entre grupos de humanos, inicialmente provocados dentro dun contexto cara á loita pola supervivencia. Ao comezo nas sociedades recolleitoras-cazadoras todo membro do clan era partícipe da defensa de este. Con todo, a medida que evoluciona o ser humano, as sociedades que forma tamén evolucionan e aparece a especialización de tarefas e a diferenciación entre os diferentes individuos que o integran, formándose deste xeito as diferentes [[caste|castes]] ou [[clase social|clases sociais]]. De entre estas, a caste guerreira ou militar, estivo, normalmente, situada dentro das clases [[dominación (socioloxía)|dominantes]] da sociedade, debido ás, principalmente, necesidades de defensa, ou supervivencia da sociedade da cal forman parte.
 
A pesar de que é bastante discutido cando apareceron as primeiras [[guerra|guerras]], é moi probable que estas fosen froito da especialización dos diferentes grupos de humanos na aparición da [[agricultura]], feito que creou unha primeira división entre grupos agricultores e cazadores, sendo os primeiros [[sedentarismo|sedentarios]] e os segundos [[nómades]]. En períodos de fame é moi probable que os grupos cazadores atacasen os poboados de agricultores, facendo que estes últimos se tivesen que organizar para a defensa. Deste xeito, é nas sociedades agricultoras onde a división de tarefas e as divisións sociais comezan a facerse patentes, cando aparece a figura do [[soldado]].