Al-Jahiz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Liña 8:
De neno vendía peixe nas canles de Basora para axudar a familia. Malia as dificultades financeiras ía con outros mozos á mesquita para discutir diferentes materias científicas, e tamén acudía a disertacións dadas por expertos en [[filoloxía]], [[lexicografía]] e [[poesía]]. Ao longo dos anos acadou un coñecemento considerable da poesía, filoloxía e historia preislámica árabe. Tamén estudou o [[Corán]] e os hadiths. Ademais, al-Jāḥiẓ lía libros traducidos do grego de ciencias e [[filosofía helenística]], especialmente de [[Aristóteles]]. O período que vivía o [[califato]] abbásida facilitou a súa educación, era un período de revolución cultural e intelectual, dispoñer de libros era doado o que facilitaba o coñecemento.
[[Ficheiro:Al-Jahiz.jpg|miniatura|Unha xirafa. Debuxo de ''Kitab al-Hayawan'' ]]
Durante a súa vida escribiu arredor de douscentos libros de moi diversos temas, gramática árabe, [[zooloxía]], poesía, lexicografía, e [[Retórica|retórica]]. Consérvanse trinta libros e fragmentos doutros moitos. Así e todo, a maioría das súas obras teolóxicas e políticas non se conservan <ref>[https://www.britannica.com/biography/al-Jahiz "Al-Jāḥiẓ"], ''Encyclopaedia Britannica''</ref> . Al-Jāḥiẓ foi tamén un dos primeiros escritores árabes en suxerir unha revisión completa do sistema gramatical da lingua, algo que retomaría [[Ibn Maḍā]] dous séculos despois.<ref> IntroductionShawqi toDaif Ibn Mada's(1947) ''Refutation of the Grammarians'',. pgCairo p. 48. </ref>.
 
Al-Jāḥiẓ mudouse a Bagdad, entón a capital do califato no ano 816. Os [[Abbásida|Abbásidas]] favoreceron os científicos e eruditos e fundaron a [[Casa da Sabedoría]]. Por mor deste padroádego dos califas e a súa ansia de establecer e lograr unha audiencia máis ampla, al-Jāḥiẓ permaneceu en [[Bagdad]] (e máis tarde en [[Samarra]], e alí escribiu moitos dos seus libros. Gozou do mecenado de [[Al-Fath ibn Khaqan]], favorito do califa [[Al-Mutawakkil]], mais despois do seu asasinato en decembro de 861 deixou Samarra para ir á súa localidade natal.