Pene: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 4441201 de Iojhug (conversa)
Liña 134:
 
=== Sociedade ===
[[File:Close-up shaved cock.jpg|thumb|200px|Circuncidado pene.]]
Mentres que se acepta comunmente que existen diferenzas físicas entre as [[raza]]s, as diferenzas no tamaño do pene foi un [[tabú]] porque podía facerse unha lectura que implicase que unha raza é "superior" ou "inferior" a outra. O intelectual [[Franz Fanon]] cobre este tema en ''Black Skin, White Mask'' (''Pel negra, máscara branca'', [[1952]]), onde se inclina cara á opinión de que a suposta correlación positiva entre os penes grandes e a ascendencia africana é un mito. Por outro lado, un estudo estatístico ''Race, Evolution, and Behavior: A Life History Perspective'' (''Raza, Evolución, e Comportamento: Unha Perspectiva da Historia da Vida'', [[1995]]), defende a opinión oposta. As cuestións culturais implicadas na relación entre o tamaño do pene e a raza son complexas. Por exemplo, na [[historia dos Estados Unidos de América|historia estadounidense]], os [[escravitude|escravos africanos]] foron percibidos a miúdo como animais sexuais, segundo o ilustrado polo personaxe principal da novela ''Invisible Man'' de [[Ralph Ellison]].