Hipatia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
Liña 20:
== Traxectoria ==
=== Alexandría no século IV ===
No [[século IV]] [[Antigo Exipto|Exipto]] era unha diocese [[Roma Antiga|romana]] (foino até a chegada do [[islam]] no [[século VII]]).
 
En [[312]], o emperador [[Constantino I o Grande|Constantino]] convertérase ao [[cristianismo]]. No ano seguinte promulga o [[Edicto de Milán]] polo que se estableceu unha especie de paz relixiosa e a liberdade de culto. En [[330]], Constantino traslada a capital imperial a [[Bizancio]], que pasou a chamarse [[Constantinopla]].
 
Nos anos finais do século IV Roma dividiuse en dous territorios: o [[Imperio Romano de Occidente]] e o [[Imperio Romano de Oriente]]. Exipto incorporouse ao Imperio de Occidente (era unha diocese dependente directamente de Roma), vivindo o ocaso da súa historia antiga. O [[cristianismo]] tamén chegara ao territorio, téndose na época grandes disputas entre distintas faccións de cristiáns (algúns autores falan mesmo de pelexas na rúa). A igrexa cristiá defendía a súa independencia fronte ao poder imperial, mentres os emperadores do século IV considerábanse autócratas moi por riba da lei.
Liña 33:
 
=== Unha muller na Ciencia ===
Hipatia naceu en [[Alexandría]] a mediados do [[século IV]], algunhas referencias din no [[370]] e outras no [[355]]. O seu pai, [[Teón de Alexandría]], era un famoso [[matemático]] e [[astrónomo]], moi apreciado, que parece que traballaba e daba clases na [[biblioteca]], (a que substituíu á lendaria [[Biblioteca de Alexandría]] que desaparecera no incendio do [[-48|48 a.C]]. Teón foi un sabio que non gardou os coñecementos para si e os seus discípulos, integrando áa súa propia filla (caso insólito no século IV).
[[Ficheiro:Hypatia (Charles William Mitchell).jpg|miniatura|Hipatia, imaxinada polo pintor inglés Charles William Mitchell (1885).]]
 
Hipatia era unha muller aberta ao saber a quen se lle transmitiu a paixón da investigación, educándose ademais nun ambiente académico culto. Hai historiadores que din que a filla sobrepasou aoo pai, de xeito que escritos atribuídos a Teón sono en realidade de Hipatia.
 
Aprendeu tamén a historia das diferentes relixións que se coñecían naquel entón, oratoria, o pensamento dos filósofos e os principios do ensino. Seguidora de [[Plotino]], cultivou os estudos lóxicos e as ciencias exactas, levando unha vida [[Ascetismo|ascética]]. Viaxou a [[Atenas]] e a [[Roma]] co afán de aprender e ensinar, destacando nos campos das matemáticas e a astronomía,<ref name="skyscript.co.uk">Toohey, Sue (2003): [http://www.skyscript.co.uk/hypatia.html ''The Important Life & Tragic Death of Hypatia''] {{en}}</ref> Membro e líder da [[escola filosófica|escola]] [[neoplatonismo|neoplatónica]] de [[Alexandría]], a casa de Hipatia foi un lugar de ensino onde ían estudantes de todas partes do mundo coñecido, atraídos pola súa fama. Dela dixo [[Sócrates Escolásico]]:
Liña 47:
Outro alumno foi [[Hesiquio o Hebreo]], quen escribiu obras nas que se describen as actividades de Hipatia e a súa fama, como que os maxistrados ían a ela para consultala sobre asuntos da administración. Nas obras, que se conservan, di tamén que foi unha persoa influente en política.
 
AsemadeAsí mesmo, Hipatia interesouse pola mecánica e a tecnoloxía. Sábese que inventou un aparello para destilar auga, un pinómetro graduado para medir a densidade dos líquidos e un nivelímetro para medir o nivel da auga.
 
Hipatia era [[pagán|pagá]] e a súa situación correu perigo nunha cidade cada vez máis cristiá (e cada vez máis fanática e menos tolerante), véndose perseguida como outros neoplatónicos. Algúns convertéronse ao cristianismo, pero Hipatia non, a pesar do medo e os consellos dos seus amigos, como [[Orestes (prefecto)]], prefecto romano de Exipto que fora o seu alumno. Hipatia foi considerada polos seus inimigos como unha [[meiga]] perigosa.
 
=== Morte de Hipatia ===