Estuario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazón máis específica
Liña 11:
Os estuarios son [[Hábitat (ecoloxía)|hábitats]] vitais para centos de especies mariñas. Foron cualificados algunha vez como "garderías do mar" pois o [[Medio ambiente|contorno]] protexido e a abundancia de nutrientes prové un lugar ideal para a reprodución de [[peixe]]s e [[molusco]]s. Moitos das especies de peixe importantes comercialmente pasan unha parte do seu ciclo de vida nos estuarios.
 
Tamén moitas especies de [[paxaro]]s dependen dos estuarios como áreas para se alimentar e aniñar. As [[aves]] migratorias usan os estuarios como paradas de descanso antes de continuar a viaxe. Moitos [[mamífero]]smamíferos mariños]] tamén o usan como lugares de nutrición e cría. Todo isto está relacionado co feito de que un estuario san produce de 4 a 10 veces tanta [[materia orgánica]] como outra área mariña da mesma extensión.
Os estuarios son importantes para a saúde dos [[océano]]s, en canto que filtran os [[sedimento]]s e contaminantes da auga antes de que desemboque no océano. O exceso de nutrientes elimínase nas marismas salgadas contiguas, resultando en augas máis limpas para a xente e os [[Ser vivo|organismos]] mariños.