Aves non voadoras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazón
 
Liña 2:
Aínda que é certo que ao pensar nunha [[aves|ave]], inmediatamente vencéllase ese animal ao [[voo das aves|voo]], existen (e existiron en tempos pasados), numerosas [[especie]]s de '''aves non voadoras'''.
 
Polo xeral, aquelas especies de aves que non levan adiante desprazamentos por medio do voo, deben esta condición de non voadoras ao feito de evolucionar os seus membros superiores ([[á]]s) cara ao cumprimento doutras funcións. Por exemplo, os diferentes [[pingüíns]], coma o [[pingüín de Magalláns]] ou o [[pingüín do Cabo]], viron modificadas as súas ás de forma tal que se asemellan (en forma, como en función) ás [[aleta]]s dos peixes e [[Mamífero mariño|mamíferos mariños]]. A [[avestruz]], o [[ñandú]], o [[emú]] e outras aves semellantes (como a extinta [[Moa (ave)|moa]]), que desenvolveron a carreira pedestre como principal [[medio de locomoción]], pola súa banda, transformaron estes membros superiores en órganos completamente inútiles para o desprazamento.
 
Outras especies non voadoras son o [[dodo]] e o [[Phalacrocorax harrisi|corvo mariño áptero das Galápagos]], ''Nannopterum harrisi''.