Feminismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Retiro marcador
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 39:
[[Simone de Beauvoir]], co seu libro ''[[O segundo sexo]]'', [[Betty Friedan]] con ''[[The Feminine Mystique]]'', [[Kate Millett]] con ''Sexual Politics'' ou [[Shulamith Firestone]] con ''The Dialectic of Sex'' son algunhas das autoras máis representativas desta corrente de pensamento. Remata coa chegada da terceira vaga, con caracteres postmodernos, que diversifica de forma radical el feminismo, tanto nas súas visións como nas súas propostas.
 
=== TerceraTerceira vaga ===
O feminismo de terceira vaga é unha expresión identificada con diversas ramas do feminismo cuxo activismo e investigación comeza en 1990 e se estende ata o século XXI. O movemento xurdiu como resposta aos fallos percibidos no chamado feminismo de segunda vaga: a [[toma de conciencia]] de que non existe un único modelo de muller, polo contrario, existen múltiples modelos de muller, determinados por cuestións sociais, étnicas, de nacionalidade, clase social, orientación sexual ou relixión.<ref name="Tong">{{cita libro|apelidos=Tong|nome= Rosemarie|título=Feminist Thought: A More Comprehensive Introduction|data=2009|edición=3|editorial=Westview Press (Perseus Books)|isbn=978-0-8133-4375-4|páxinas=284-285, 289}}</ref> Esta corrente afástase do [[esencialismo]] e as definicións de feminidade, asumidas en ocasións como universais e que sobreestimaban as experiencias da clase media-alta de raza branca norteamericana. As interpretacións dadas ao [[xénero (socioloxía)|xénero]] e ao sexo son esenciais dentro da terceira vaga, caracterizándose polo seu [[postestruturalismo]]. A variedade de enfoques, propostas, visións dos problemas desta corrente e a carencia dun obxectivo común claro reflicte o carácter [[postmodernidade|postmoderno]] da terceira vaga do feminismo que incorpora múltiples correntes do feminismo, tendo compoñentes da [[teoría queer]], do antirracismo, a teoría postcolonial, o [[ecofeminismo]], a [[transexual]]idade ou a visión positiva da sexualidade, entre outros.