Şehzade Bayezid: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
engado actividade poética, da wikipedia en turco
Liña 7:
== Rebelión ==
Suleiman coñecedor que só dous dos seus fillos estaban en condicións de lle suceder no trono, [[Selim II|Selim]] e Bayezid e que a competición entre os dous era evidente, decidiu en 1558 enviar os dous fillos a provincias afastadas da capital Constantinopla pero equidistantes dela, así Selim foi como gobernador a [[Konya]] e Bayezid a [[Amasia]]. Así e todo Bayezid foi remiso a obedecer e comezou a reunir aos seus seguidores<ref>Abbas Amanat e Farzin Vejdani (2012) ''Iran Facing Others: Identity Boundaries in a Historical Perspective'' Palgrave Macmillan, p. 88</ref>. Suleiman acusou ao seu fillo Bayezid de ser un rebelde e enviou o seu fillo Selim contra el, e en colaboración con [[Sokollu Mehmet Pasha]] (futuro [[gran visir]]), derroutouno na batalla de [[Konya]] o 31 de maio de 1559.<ref>Yaşar Yücel e Ali Sevim: ''Türkiye Tarihi II'', AKDTYK yayınları, Istambul,1990 p 299-300</ref> pero Beyezid logrou escapar a [[Persia]] cos seus fillos e un pequeno exército, alí ao primeiro o sultán [[Tahmasp I]] acolleuno pero logo a petición de Suleiman prendeuno e finalmente executouno canda os seus catro fillos<ref>Joseph von Hammer:''Osmanlı Tarihi'' Vol II. Milliyet yayınları, İstanbul. p 36-37</ref>.
 
== Actividade poética ==
Bayezid foi tamén un poeta, compoñendo co pseudónimo de "Şahi"<ref>Azad Ağaoğlu, "Şahi Divanı mı, Vâhî Divanı mı?", Toplumsal Tarih derg., SAYI:93 CİLT:16 EYLÜL 2001</ref> poesía en turco e persa. Nos seus poemas están presentes o desexo de reinar, o amor, o pecado e o perdón. Consérvanse dous manuscritos cos seus poemas e tamén as composicións nas que piden perdón a seu pai, e tamén a resposta deste.<ref>Şerafettin Turan (1961) ''Kanuni'nin oğlu Şehzâde Bayezid Vak'ası'' pp. 208-210 </ref>
 
== Notas ==