Tecnoloxías da información: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 26:
 
O [[XML|linguaxe de marcas extensible]] (XML, ''extensible markup language'' en inglés) converteuse nun formato popular para a representación de datos nos últimos anos. A pesar de que os datos en XML pódense gardar en [[sistema de ficheiros|sistemas de ficheiros]] normais, a miúdo mantéñense en [[base de datos relacional|bases de datos relacionais]] para aproveitarse da súa "robusto desenvolvemento verificado por anos tanto de esforzos teóricos como prácticos".{{sfn|Pardede|2009|p=2}} Como unha evolución do [[SGML|Standard Generalized Markup Language]] (SGML), a estrutura baseada nun texto XML ofrece a vantaxe de ser lida tanto por unha máquina como por un humano.{{sfn|Pardede|2009|p=4}}
 
== Recuperación de datos ==
O modelo de base de datos relacional introduciu unha linguaxe de programación independente ''[[SQL|Structured Query Language]]'' (SQL), baseado na [[álxebra relacional]].{{sfn|Ward|Dafoulas|2006|p=3}}
 
Os termos "dato" e "información" non son sinónimos. Calquera cousa almacenada é un dato, pero só se converte en información cando se organiza e se presenta de forma que teña un significado.{{sfn|Kedar|2009|pp=1-9}} A maioría dos datos dixitais do mundo non teñen estrutura, e están gardadas nunha gran variedade de diferentes formatos físicos{{sfn|van der Aalst|2011|p=2}}<ref group="n.">"Formato" refírese ás características físicas dos datos almacenados como o seu esquema de [[Codificación de caracteres|codificación]]; "estrutura" describe a organización destes datos.</ref> mesmo dentro dunha única organización. Os [[almacén de datos|almacéns de datos]] empezáronse a desenvolver durante os anos 1980 para integrar estes depósitos separados. A miúdo conteñen datos extraídos de varias fontes, incluíndo fontes externas como Internet, organizado de forma que facilite o traballo aos sistemas de apoio á toma de decisións (DSS).{{sfn|Dyché|2000|pp=4-6}}
 
=== Sistema de apoio á toma de decisións ===
O concepto de sistema de apoio ás decisións (DSS polas súas siglas en inglés ''Decision support system'') é moi amplo, porque hai moitos enfoques para a toma de decisións e debido á extensa gama de ámbitos nos cales se toman. Estes sistemas de apoio son do tipo [[OLAP]] ou de [[minaría de datos]], que proporcionan información e apoio para tomar unha decisión.
 
Un DSS pode adoptar moitas formas diferentes. En xeral, podemos dicir que un DSS é un sistema informático utilizado para servir de apoio, máis que automatizar, o proceso de toma de decisións. A decisión é unha elección entre alternativas baseadas en estimacións dos valores destas alternativas. O apoio a unha decisión significa axudar ás persoas que traballan soas ou en grupo a reunir intelixencia, xerar alternativas e tomar decisións. Apoiar o proceso de toma de decisión implica o apoio á estimación, a avaliación e/ou a comparación de alternativas. Na práctica, as referencias a DSS adoitan ser referencias a aplicacións informáticas que realizan unha función de apoio.<ref>Alter, S. L. (1980). Decision support systems: current practice and continuing challenges. Reading, Mass., Addison-Wesley Pub.</ref>
 
== Perspectiva académica ==