Friedrich Dürrenmatt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Liña 15:
Os primeiros anos como un escritor estiveron cheos de dificultades económicas para o autor e a súa familia pero a súa situación financeira mellorou gradualmente, especialmente grazas ás súas pezas de [[Teatro radiofónico|teatro radiofónico]]. En 1950 publicou en Arche Verlag a novela policial ''Der Richter und sein Henker'' e ao ano seguinte ''Der Verdacht'', as dúas eran continuación de historias que apareceran no ''Schweizerischen Beobachter''. En 1952 estableceuse coa súa familia en Neuenburg.
 
A comedia ''Die Ehe des Herrn Mississippi'', tivo a súa escrea en Múnic en 1952 e foi o seu primeiro grande éxito. A fama internacional chegoulle en 1956 coa traxicomedia ''Der Besuch der alten Dame''. A comedia musical ''Frank der Fünfte'' (1959) foi un fracaso pero en 1962 tivo o seu segundo éxito internacional co drama satírico ''Die Physiker''. En 1963 realizou a estrea dunha peza teatral baseada nunha peza de teatro radiofónico de 1954, ''Herkules und der Stall des Augias''. ''Der Meteor'' (1966) foi a súa peza máis persoal, e o terceiro éxito internacional. Escribiu outras moitas pezas, como ''[[Der Mitmacher|O colaborador]]''<ref>[http://centrodramatico.xunta.gal/cdg/centro/obra_h.php?id=cdg_obra50_colab&lg=gal Versión galega producida polo CDG en 2002]</ref> (1972)
 
Escribiu o guión para o filme de Heinz-Rühmann ''Es geschah am hellichten Tag'' (1958), e tamén escribiu a novela policial ''Das Versprechen (1958) ''como posible fin do filme.