Boeing 737 Classic: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*despegue > engalaxe. / *despegar > engalar. / Outros arranxos.
m Bot: Substitución automática de texto (-turbofán +turboventilador); cambios estética
Liña 22:
Tras o éxito do 737-200 Advanced, Boeing quería incrementar a capacidade e alcance, incorporando actualizacións para mellorar o avión cara especificiacións modernas, mentres tamén buscaba reter compatibilidades con anteriores versións do 737. O desenvolvemento comezou en [[1979]], e en [[1980]] amosáronse as especificacións preeliminares do modelo no [[Farnborough Airshow]]. En marzo de [[1981]] [[USAir]] e [[Southwest Airlines]] pediron 10 avións cada unha, con opcións para 20 máis.
 
A nova serie contaba con motores turbofánturboventilador [[CFM International CFM56|CFM56]], conseguindo ganancias significativas no aforro de combustible e unha redución de ruído, pero tamén plantexando un reto significativo para os enxeñeiros debido ao poucoa espazo ata o chan do 737 (un trazo derivado da fuselaxe do [[Boeing 707|707]]). Boeing e o fabricante do motor, [[CFMI]], solucionaron o problema colocándoo diante, en vez de debaixo, da á, e movendo os accesorios do motor cara os lados da góndola, dándolle ao 737 a súa distintiva toma de aire non circular.
 
A á incorporou varios cambios para mellorar a aerodinámica. A punta alongouse 23 cm, e os slats do bordo de ataque e os flaps do bordo de arrastre foron axustados. A pnte de mando mellorouse co sistema EFIS (Electronic Flight Instrumentation System) opcional, e a cabina de pasaxeiros incorporou melloras semellantes ás do [[Boeing 757]].
Liña 28:
== Variantes ==
=== 737-300 ===
[[ImaxeFicheiro:Air.malta.arp.750pix.jpg|miniatura|250px|737-300 de [[Air Malta]]]]
O prototipo do 737-300 presentouse na planta de Renton o [[17 de xaneiro]] de [[1984]], voando por vez primeira o día [[24 de febreiro]]. Tras recibir a súa certificación de voo o [[14 de novembro]] entregouse o primeiro exemplar a [[USAir]] o 28 dese mes. Boeing recibiría 252 pedidos en [[1985]] e máis de 1.000 en todos os seus anos de produción. A serie -300 estivo fabricándose ata [[1999]], sendo entregado o derradeiro avión a [[Air New Zealand]] o [[17 de decembro]].
 
Liña 36:
 
=== 737-400 ===
[[ImaxeFicheiro:Alaska-737-4QB-YVR.jpg|miniatura|250px|737-400 de [[Alaska Airlines]]]]
O deseño do 737-400 foi lanzado en [[1985]] para encher o oco entre o 737-300 e o [[Boeing 757|757-200]], e para competir co [[Airbus A320]] e o [[McDonnell Douglas MD-80]]. É 3,45 m máis longo que o 737-300 para levar ata 188 pasaxeiros e inclúe un protector na cola para evitar golpes nela durante as engalaxes (un dos primeiros problemas co 757). O prototipo presentouse o [[26 de xaneiro]] de [[1988]] e voou por vez primeira o [[19 de febreiro]].
 
Liña 44:
 
=== 737-500 ===
[[ImaxeFicheiro:N512SW (6284246715).jpg|miniatura|250px|737-500 de [[Southwest Airlines]]]]
A serie -500 ofreceuse, debido á petición dun cliente, como un substituto directo e moderno do 737-200, incorporando as melloras da serie 737 Classic nun modelo que permitía rutas máis longas con menos pasaxeiros para ser máis económico que o 737-300. A lonxitude da fuselaxe do -500 é 47&nbsp;cm máis longa que o 737-200, levando ata 140 pasaxeiros.<ref name="Certificación do 737">{{cita web|título=Certificación do 737|url=http://rgl.faa.gov/Regulatory_and_Guidance_Library/rgMakeModel.nsf/0/9dd07e4b4293722e86257dfc006774ca/$FILE/A16WE_Rev_54.pdf|editor=FAA|dataacceso=13 de decembro de 2016}}</ref> Estivo dispoñible tanto con cabina mecánica como con pantallas de cristal líquido. Utilizando o motor [[CFM International CFM56|CFM56-3]] tamén permitiu aforrar ata un 25% de combustible respecto aos motores P&W dos -200.